Ribadeo, 28 de outubro de 2013. Varios colectivos veciñais mostraron o seu apoio á concentración que ACISA convocou contra os cortes de luz que veñen sufrindo en Ribadeo nos últimos días e meses. Dita mobilización de protesta terá lugar este luns 28 de outubro ás 20.00 horas nas inmediacións da praza de abastos.
Tamén durante esta xornada se recollerán sinaturas para acompañar a carta que a Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo enviará á Consellería de Industria para mostrar o seu malestar por esta situación. ACISA demanda, entre outras cosas, que a Xunta solicite á distribuidora Begasa toda a información necesaria relativa aos índices TIEPI e NIEPI co fin de poder avaliar se se están cumprindo a calidade do subministro individual e a calidade zonal no municipio de Ribadeo. O colectivo tamén quere saber se Ribadeo está considerada zona na que temporalmente Begasa teña dificultades para o mantemento da calidade esixible, “y de ser así solicitamos saber si existe un programa de actuación temporal que permita la corrección de las causas que lo originan”.
A directiva de ACISA fai unha chamada “a nuestros asociados y también a todos los vecinos y vecinas de Ribadeo que se ven afectados por los cortes de luz que sufrimos en la localidad y que están hartos de los abusos del mercado eléctrico. No nos podemos quedar sin hacer nada. Queremos que se nos escuche y que se nos dé el servicio que pagamos. La luz sigue subiendo, pero la calidad del servicio que se presta deja mucho que desear”. ACISA espera “dar una lección ejemplar con esta concentración y con la recogida de firmas. No podemos permitir que sigan abusando de esta manera de nosotros”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



