A Mariña prepárase para a visita do campión por excelencia, o FC Barcelona, este sábado, ás 18.30 horas. O CD Burela FS Pescados Rubén xa habilitou a venda anticipada para o segundo Día do Club.
As persoas interesadas poderán retirar as súas entradas por adiantado ata o venres na sede do club laranxa (10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado, en Vista Alegre, estarán dispoñibles dende as 17.30 horas.
PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros
Abono Familiar: 5 euros/entrada
Abono Estudante: 5 euros
Abono Xuvenil: 5 euros
Abono Xubilado: 5 euros
Abono Infantil: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 anos: 3 euros