A Deputación achega a Viveiro este martes, a través do programa europeo Lug02, unha nova masterclass de cociña autóctona en impulso dos produtos da zona. A clase terá lugar no Restaurante Panorámico, onde os participantes nesta iniciativa prepararán pratos baseados en alimentos producidos e comercializados por empresas da zona. A xornada pon en valor o traballo dos produtores e potencia o uso destes alimentos entre os hostaleiros, mostrando a súa variedade e calidade, e para fomentar o seu consumo.
As masterclass enmárcase na aposta da Deputación polo medio natural como xerador de recursos económicos e de oportunidades de futuro para a provincia, freando o despoboamento demográfico. Ata o momento, impartíronse clases en varias localidades de toda a provincia como Monforte, Chantada, Cervantes ou O Valadouro. En todas empregáronse produtos propios de cada zona como hortalizas, legumes, derivados da matanza, caza e pesca, entre outros. A Deputación fomenta o uso dos produtos que posúen a súa marca de calidade LugoSabe postos á venda na primeira plataforma de comercio electrónico da provincia www.losproductosdelugo.com, creadas pola Deputación co fin de crear unha imaxe de marca e abrir novas canles de comercialización para PEMES e autónomos lucenses.
Próxima masterclass en Foz
As masterclass, financiadas nun 80% con fondos europeos, están dirixidas principalmente a profesionais hostaleiros. Tamén poden participar veciños interesados en xeral. A próxima cita celebrarase no Restaurante Xoíña de Foz. As prazas son limitadas e as clases son en grupos reducidos para favorecer a aprendizaxe. Os interesados deben apuntarse no teléfono 982-22-13-47 ou en lugo2@deputacionlugo.org.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



