Co antecedente das operacións submarinas na costa galega na Primeira Guerra Mundial, a mariña de guerra alemana non desaproveitou a oportunidade brindada pola participación na guerra civil de 1936-1939. Mediante a presenza de técnicos que participaron na construción dos primeiros submarinos de posguerra nos estaleiros gaditáns de Echevarrieta y Larrinaga, maila existencia de vellos contactos da Gran Guerra, a Kriegsmarine restableceu o seu servizo exterior de apoio á arma submarina, a Ettapenorganisation. España era o elo fundamental da cadea e Galiza ía ter un papel fundamental nesa organización: Vigo, como centro de abastecemento e Ferrol, como centro de abastecemento e reparación. Entre tanto, os incidentes sucedéronse desde as primeiras semanas da guerra ata as últimas: o afundimento do U 966 o 10 de novembro de 1943 na Estaca de Bares marca simbolicamente o declive desa actividade. De todo isto falará Juan Carlos Salgado (engado información persoal do conferenciante como arquivo adxunto) o sábado 9 de novembro ás 6 da tarde no salón de actos da Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro, Praza do Mesón 1).
1939-1945, submarinos alemáns en Galicia