A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade nunha manifestación que percorreu na mañá deste domingo as rúas de Compostela, onde participaron centos de persoas, lanzou unha mensaxe á Xunta de Galiza e de xeito moi particular á Conselleira de Sanidade coa que manterán unha reunión o vindeiro martes a fin de deixar claro “que non imos reunirnos con ela para regatearlle miseria senón pola contra que a nosa demanda non se negocia nin se transaciona, que segue a ser a que vimos demandando desde o minuto cero, isto é, instamos ao Goberno Galego a que solicite do Estado Español a derrogación do Decreto 212/2012, demandamos do Goberno de Feijoo a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia e xa por último esiximos a súa derrogación”.
Asemade os representantes do colectivo indicaron de cara a xuntanza do Martes se o camiño polo que quere transitar a Xunta é o da gratuidade da medicación para doentes crónicos teranos ao seu lado, agora ben se persiste na senda de excluír do dereito a saúde quen menos ten, fixar copagos, como até agora , agardámolos enfronte pero agardámolos para derrotalos, para dobregalos porque a loita é o camiño e coa popular todo posíbel para afirmar a continuación que “non imos dar por boa unha resolución que deixa fóra do dereito a saúde a homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo, que non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os orzamentos públicos, que non garante sanidade en Galiza vaia continuar a ser universal e gratuíta, pois significa, de facto, ruptura con todas as liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade”.
O Alcalde de Riotorto e Portavoz da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade afirmou ao remate da manifestación que “este novo repagamento, imposto á enfermidade, supón unha carga moi importante na economía de moita xente desfavorecida, persoas que xa non son quen de chegar a fin de mes e outras que xa nin comezan o mes, unha medida vai significar o sacrificio e sufrimento para moitas persoas que só podemos tratar de indigna, inhumana, inxusta, para alén de retratar un goberno que actúa ao servizo do poder económico. Velaquí novo roubo que forma parte dunha estratexia deseñada para facer caixa a costa das persoas soas máis desfavorecidas. Aclarémonos, o Sr. Núñez Feijooo rematou por converterse nun auténtico pesadelo para os galegos, un perigo público que pon en risco a vida dos doentes crónicos, autentico killer para enfermos de cancro, SIDA ou hepatite, pero que saiba tamén que se persiste nesta liña enfronte vai atoparse con outro autentico pesadelo”.
A Secretaria Nacional da CIGA e co- portavoz do colectivo, María Xosé Abuín, deu remate á manifestación dando lectura onde se determina “a aprobación por parte do Goberno do Estado dunha resolución pola que os/as pacientes crónicos/as teñen que afrontar o copagamento das medicinas que lles dispensan na farmacia dos centros hospitalarios significa cruzas todas as liñas vermellas da sanidade. Con esta medida cobraranse medicamentos como Afinitor ou Tyverb empregados en cancros de mama, ou Votrient ou Temodal para o tratamento de cancro de ril e tumores cerebrais respectivamente, así como outras medicacións para a leucemia mieloide crónica, o tratamento de tumores malignos resecábeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou a hepatite C crónica. Falamos de até 157 presentacións farmacolóxicas de pouco máis de 50 medicamentos que, segundo sinala o BOE, cumpren coas condicións para seren considerados de achega reducida, ao se tratar de medicamentos de eleccións de enfermidades graves ou crónicas, e estar limitada a súa distribución a pacientes non hospitalizados/as nos servizos de farmacia dos hospitais”.