A Asociación Cultural e Veciñal “Irmandade San Caetano” presentou a súa programación cultural outono-inverno 2013-2014. Estas actividades, centradas na música e no teatro desenvolveranse durante os meses de novembro, decembro e xaneiro nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Nestas actividades cóntase tamén coa colaboración do Colectivo Cultural Ollomao, e do Proxecto Teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
A asociación celeiresa participa tamén no Programa Teatral “Escena en Barreiros” xunto co Colectivo Ollomao. Irmandade San Caetano sigue apostando por desenvolver este tipo de actividades ao longo de todo ano na parroquia de Celeiro de Mariñaos, porque desde o rural tamén xurden iniciativas novas, e desde Irmandade reivindican tamén o protagonismo que as parroquias e as asociación veciñais tenen que ter na vida do concello á hora de dinamízalo e tamén de defender os seus dereitos.
A nova directiva da asociación Irmandade San Caetano está conformada por: Xavier López, como presidente, Lucía Fraga Lozano, Daniel García, Xesús Fraga Veiga, Camilo Friol, Ramón López, Xesús Rodríguez Parga, Cristina González e Inés Fernández.
PROGRAMACIÓN
– Domingo 17 de novembro, ás 7 da tarde, representación da obra “ACERNOS”, do grupo ARDORA TEATRO, de San Cibrao, dentro do circuito teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
– Sábado 23 de novembro, ás 8 da tarde, Isabel Risco co seu espectáculo “Nabiza Girl. Unha viaxe espazial”. Este espectáculo preséntase coa colaboración do Colectivo Cultural Ollomao.
– Venres 27 de decembro, ás 8 e media, actuación do grupo Músico-Vocal de Viveiro “Escolma de Meus”.
– Sábado 4 de xaneiro, ás 7 da tarde, actuación do Grupo de Voces “Sons de Celeiro” (Viveiro).
– Domingo 5 de xaneiro, ás 5 “Tarde de Reis” para tod@s os nen@s, con agasallos e chocolatada.
O prezo das entradas para as actuacións musicais e teatrais será de 2 euros.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



