Este sábado, día 9 de novembro, continuando co ciclo teatral “Outono de Teatro” en Alfoz, o grupo Aspanane de Viveiro representou a súa obra titulada “Y ahora ¿con quién me caso yo?”. Foron varias decenas de actores e de colaboradores os que encheron o escenario da Casa da Cultura de Alfoz e foron máis de cen persoas as que asistiron en calidade de espectadores, rexistrándose un cheo total na sala. Para actores e familiares o acto constituíu unha festa e os asistentes puideron comprobar o excelente traballo que ven a realizar nos últimos tempos a asociación Aspanane. O teatro seguirá en Alfoz o vindeiro domingo, día 17 de novembro cunha actuación do grupo “Nova Escena” de Lugo, que representará a obra “2155”, de Xoán Carlos Laxe, dentro dos circuítos de Buxiganga.
