Este venres, 8 de novembro, tivo lugar a primeira clase da “Semente de Producción artística e Publicidade” con doce novas persoas que se converteron en alumnas e alumnos da Universidade Rural de Barreiros. Con estas, son case 80 as xa matriculadas e que asistirán durante os dous próximos meses ás clases de todas as sementes. A iniciativa do Colectivo Cultural Ollomao, pioneira por excelencia, foi un éxito de acollida entre a poboación barreirense e tamén de toda a Mariña, dado que son persoas chegadas dende distintos puntos da comarca como Ourol, Burela, Foz, Ribadeo, Mondoñedo ou Lourenzá as que se dan cita nas sesións lectivas. Dende o colectivo organizador destacan a diversidade do alumnado, tanto en idade, cun rango de persoas asistentes que vai dende os 15 ata os 81 anos, como de profesión ou formación académica previa, con persoas que teñen acadados os estudos primarios como outras con formación universitaria.
A Universidade Rural está ideada como un espazo para aprender e no cal todas as persoas asistentes poden aclarar aquelas dúbidas coas que se estean a atopar no día a día. Non é un espazo no cal se habilite para o exercicio profesional mediante a emisión dun certificado, polo cal tampouco hai exames ni avaliacións finais. Non obstante, todas as sementes están orientadas a un fin práctico e á obtención dun produto final elaborado polo propio alumnado. Son algúns como a preparación dunha tertulia radiofónica a emitir na emisora comarcal RadioFoz e a grabación dun documental, polas alumnas e alumnos da Semente de Xornalismo; a elaboración dun mural polo alumnado de Producción artística e Publicidade; ou a realización dun foro participativo no cal se discutirá sobre problemáticas locais de actualidade e para as cales se tentará que sexan as propias veciñas e veciños asistentes á semente de Ciencias Xurídicas, Sociais e Económicas quen propoñan políticas de solución.
O corpo docente desta Universidade está composto por case 30 profesionais e persoas expertas en distintas disciplinas, tanto veciñas de Barreiros como das localidades do arredor. Asimesmo, tamén se conta coa participación puntual de profesorado da Universidade de Santiago de Compostela en varias das clases a impartir. Dende Ollomao sinalan tamén que esta iniciativa pode levarse a cabo grazas á participación desinteresada de todas as persoas que actúan como docentes xa que, en ningún do casos, as e os colaboradores percibirán ningún tipo de remuneración pola súa docencia. Este feito vai ligado á base ideolóxica da asociación e ao fin non lucrativo co cal foi creada no ano 2006. As e os alumnos da Universidade Rural asumen un pago único pola súa asistencia, que varía entre os 15€ e os 50€ en función do número de sementes nas que se participe, recaudación que vai destinada a facer fronte aos gastos de material para a impartición das clases e á cobertura de desprazamento do profesorado participante. Os gastos totais da actividade están a ser asumidos tamén coa venda de sudadeiras co logo da Universidade Rural e é tamén cofinanciada polo propio colectivo.
A boa acollida desta iniciativa, así como o interese espertado, trascendeu máis alá da veciñanza. Medios de comunicación de todo o país e incluso outros de ámbito estatal como RTVE e RNE, quixeron dar conta da Universidade Rural de Barreiros. Para as persoas que compoñen o Colectivo Cultural Ollomao, todo o fenómeno xurdido en torno a este proxecto dá boa conta de que se trata dunha iniciativa que estaba a ser necesitada pola xente, novidosa e pola cal comezan a mostrar interese outros colectivos culturais para ser posta en marcha nas súas localidades.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



