Membros de diferentes agrupacións de Xuventudes Socialistas de A Mariña, determinaron o seu apoio á candidatura encabezada polo lucense Jesús Vázquez Tallón, de cara ó Congreso Provincial extraordinario que terá lugar o vindeiro domingo día 17 en Lugo.
O candidato lucense, que xa estivo en varias reunións de traballo na comarca, terá o acto central na comarca o vindeiro domingo na vila de Ribadeo, onde asistirá a unha comida con militantes das Xuventudes e do PSdeG, á vez que estará con diferentes colectivos sociais, estará no encontro da Preferente Autonómica entre o Ribadeo e o Xallas e cerrará a súa presencia cunha reunión de traballo na casa do pobo da vila mariñá.
O novo coordinador comarcal das Xuventudes Socialistas, o barreirense Adrián Longarela manifestou que: “Nestes momentos en que hay unha gran maioria de xovenes desilusionados ca política e cos politicos. É imprescindible que a persoa que nos represente as Xuventudes Socialistas na provincia de Lugo, teña a capacidade e a forza a maiores das ganas de traballar, non solo polas Xuventudes, senón por todas aquelas persoas que o están pasando mal debido a esta crise, e ese compañeiro é Xesús Vázquez Tallón.”
Pola súa banda, Cristina Losas, Secretaria Xeral das XSG de Ribadeo e membro de diferentes órganos do PSdeG, sinalou “Es importantísimo que nos represente una persona capaz de unir a los pueblos de la Mariña, la Montaña o la propia capital lucense, y a su vez, sepa diferenciar entre las necesidades de unas y otras zonas, que trabaje para poner un grano de arena en esta lucha que tenemos por recuperar el bienestar social y los derechos que nos están siendo arrebatados. Y que, aunque sean prácticamente los mismo problemas, en cada comarca tienen diferentes maneras de enfocarse y solucionarse y, en Vázquez Tallón, tenemos al candidato perfecto”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



