Lugo, 30 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e tente de alcalde en Cervo, José Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento galego –unha proposición non de lei- pola que se pide á Xunta de Galicia que impulse as decisións e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa dirección e os traballadores, procurar a viabilidade das empresas de Sargadelos (Cervo) e de O Castro (Sada). Balseiro explica que o contido desta iniciativa foi consensuado na xuntanza que mantivo o parlamentario con representantes do Comité de Empresa.
O Grupo Popular asume, deste xeito, un compromiso formal e institucional de apoio ante a moi difícil situación que atravesa actualmente o grupo galego Sargadelos, inmerso na negociación dun ERE que, como lembran os populares, afectaría a un número moi significativo do actual cadro de persoal. De feito, a proposta inicial prevé extinguir 41 contratos en Cervo e 29 máis na planta de O Castro, dun total de 170 operarios.
A iniciativa da que é autor o deputado Jose Manuel Balseiro ten ademais unha relevancia especial xa que, unha vez aprobada –feito probable dado que está avalada polo grupo maioritario no Parlamento–, suporá un mandato expreso á administración autonómica para que, en colaboración con empresa e os traballadores, deseñen unha estratexia de apoio para garantir a continuidade deste proxecto.
UN APOIO EQUIVALENTE DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Balseiro espera que, como mínimo, outras administracións poidan implicarse como xa o fixo o Goberno galego, de momento, a única administración que ten colaborado economicamente con Sargadelos. O parlamentario di que, por exemplo, desde a Deputación todo foron boas palabras pero, á hora da verdade, ningún feito.
EMPRESA EMBLEMÁTICA
Os populares xustifican a prioridade e relevancia dos apoios solicitados lembrando algúns dos argumentos nos que veñen insistindo nos últimos días: estaríamos a falar de cooperar cun proxecto que transcende o mero ámbito empresarial, e que se dirixe a garantir a continuidade dunha compañía emblemática, ata o punto de que “representa a Galicia”.
Balserio lembrou que cando os seus promotores, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane impulsaron o moderno proxecto, alá por 1979, souberon realizar unha mestura perfecta entre a actividade industrial e artesanal e a identidade cultural do noso país, creando unha marca prestixiosa, de calidade, cun deseño vangardista pero tradicional.
Estaríamos loitando por dar continuidade, a un proxecto cun especial capital humano, porque Sargadelos é unha empresa cun cadro de persoal composto na súa práctica totalidade por mulleres que levan case toda a súa vida laboral ligadas á empresa na que desenvolven unha actividade de gran especialización.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



