A Mariña lucense, 14 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, explicou que ás preto de 800 familias da nosa comarca que son beneficiarias dunha pensión non contributiva recibirán da Xunta o ano próximo –en 2014- un complemento de 206 euros.
Así o anunciou no día de onte no Parlamento o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que este pago se abonará por por quinto ano consecutivo a todos aqueles galegos que dispoñan deste tipo de pensións, as máis baixas.
A MAIOR DE TODAS AS CCAA
O deputado popular salienta o compromiso e a capacidade de apoio que demostra a Xunta de Galicia en plena crise económica, “froito dunha boa xestión e da fortaleza dunha Facenda autonómica solvente e saneada que permite dar prioridade a este tipo de apoios”, e sinala que a contía a percibir en Galicia é “maior que en ningunha outra comunidade autónoma de España e o dobre, por exemplo, que a prevista, en Andalucía”
40.000 GALEGOS
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística na Mariña lucense hai preto de 800 beneficiarios de pensións non contributivas xa sexan estas recoñecidas en concepto de invalidez ou de xubilación. En todos estes casos o complemento da Xunta sumarase a contía abonada pola Seguridade Social.
O Goberno galego ingresará a extra das pensións non contributivas nas mesmas contas correntes nas que a Seguridade Social abona as mensualidades habituais.
No conxunto da comunidade son máis de 40.000 galegos os beneficiarios dunha pensión non contributiva e, polo tanto, os que recibirán o ano próximo este complemento suplementario da Xunta.
PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS
As pensións non contributivas, aseguran a todos os cidadáns unha prestación económica, asistencia médico farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión ordinaria.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



