Barreiros, 14 de novembro de 2013. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, desde a Rede de Voluntariado Local e en colaboración coa asociación Vea, recolle alimentos, outros produtos básicos e xoguetes para entregarllos a familias do municipio con escasos recursos económicos.
O alcalde, Alfonso Fuente Parga, explicou que o banco de alimentos municipal “ten como finalidade cubrir as necesidades básicas naquelas unidades de convivencia do noso concello que o precisen. Para tal fin recollerase durante os meses de novembro e decembro comida non perecedoira a curto prazo e artigos como xel, xampú, produtos de limpeza, pañais, etcétera”. Os lugares de recollida son os CEIP de San Miguel de Reinante e de San Cosme de Barreiros, o supermercado Eroski de San Cosme de Barreiros e o roupeiro municipal, situado no teleclube de San Cosme, neste último caso a entrega debe facerse os martes de 19 a 20 horas.
O rexedor municipal tamén anunciou que “con motivo das festas do Nadal porase en marcha, un ano máis, a campaña Un neno, un xoguete, recollendo material escolar novo, contos infantís e xoguetes usados que se atopen en bo estado e que non sexan bélicos para as familias máis necesitadas do noso concello. Poderán entregarse no roupeiro municipal os martes de 19 a 20 horas ata o día 17 de decembro”. Alfonso Fuente engadiu que “as familias interesadas en beneficiarse desta campaña deberán pasar polo departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres de 9 a 14 horas para formalizar a solicitude. O prazo remata o 20 de decembro”.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



