Sen ánimo de polemizar, posto que non vou entrar en ningún debate, só con propósito informativo quero completar a historia que da Unidade de Actuación de Torrentes fai o alcalde de Burela.
É verdade que nas normas subsidiarias de planeamento do antigo concello de Cervo, falo de memoria creo que do 1986, estaba incluída esta unidade de actuación que precisaba ser desenrolada e reparcelada entre todos os propietarios. Di Barcia que ata 2005 que dúas persoas presentaron no concello a solicitude de levar a cabo dita unidade non se fixera nada. Iso non é certo.
No antigo concello de Cervo, no que tamén era concelleiro Barcia, aínda que igual o esqueceu; a comisión de obras, que a había, e da que formaban parte todos os partidos do concello. Esta comisión, que repito que era plural, da que formaba parte un concelleiro do PP, o falecido Baltar, reúnimonos con todos os veciños aos que afectaba a unidade para expricarlles como estaba concebida nas Normas de Planeamento e ver ás posibilidades de levala a cabo. Polas opinión verquidas veuse que a inmensa maior parte estaban decididos, a pesar dos custes económicos que soportaba a levala a cabo. Nesa época é cando se inicia a reparcelación da unidade de Torrentes.
Máis tarde, xa no concello de Burela, cun goberno doutra cor política, onde non había comisión de obras, xa que non parecía necesaria. Non preciso recordalle a Barcia quen era o alcalde e que el tamén formaba parte dese equipo de goberno, non se cría oportuno nin necesario aumentar o solo urbano, así está recollido nalgunha acta a preguntas do PSOE na oposición, que solicitaba levar a cabo dita Unidade de Torrentes.
Tiveron que esperar ao 2005 para que dous interesados na urbanización da unidade, curiosamente un deles era aquel antigo concelleiro do PP en Cervo do que falei, presentasen o proxecto eles no Concello. O goberno municipal non era quen de darse conta de que existía a posibilidade de aumentar o solo urbano sen custe para o mesmo. O Sr. Barcia para historiador, sobre todo para narrar a historia do réxime a súa maneira non ten prezo.
José Pedro Chao Polo
Exconcelleiro.