Xove, 5 de novembro de 2013. O pasado sábado día 2 de novembro celebrouse en Xove a XXV Tirada de Bólos, XIV na categoría Sub-16, e V na Liga Feminina. Tiveron unha tarde fría con vento e choiva que dificultou as tiradas dos 33 xogadores inscritos, destacando os 10 da categoría Sub 18. Este acto foi organizado pola Concellería de Cultura de Xove, en colaboración co IES Illa de Sarón e o clube de Bólos de Xove.
Liga Senior Masculina.- Victoria dunha das grandes promesas desta Liga; os 13 puntos acadados por Alex Meitín permítenlle acceder á 5ª posición. Cambio no liderato, que agora está ocupado conxuntamente por José Manuel Cociña, xogador máis regular ata o momento, e Francisco Pérez, ambos con 37 puntos. José Rafael González con 36 pasa a ocupar a segunda posición, seguido de Jaime Álvarez con 34 e o citado Alex Meitín. Polo momento, gran igualdade na cabeza, con varios xogadores (José Manuel Cocina, Jaime Álvarez e Álex Meitín) cos que en principio non se contaba que estiveran tan alto na táboa. E con respecto á pasada liga, xogadores como César Cancelos e Arturo Vigo, que en principio deberían estar entre os favoritos, están a ocupar os últimos lugares da clasificación.
Liga Senior Feminina.- Nesta categoría notouse a dureza do campo, no cal varias das principais favoritas acabaron con puntuacións baixísimas, en especial Belén Meitín, que realizou 4 cucadas, ousexa, cero tantos. A victoria de Dolores Baño permítelle alonxarxe na clasificación e manter o liderato polo menos un par de semanas máis. O segundo posto de Paula Campo permítelle desprazar a Salomé Bermúdez da terceira posición da táboa.
Liga Sub 18.- Os Sub 18 tamén sofriron a dureza do campo, en especial os tres primeiros da clasificación, xa que a eles non se lles permite a “cucada”, que só é válida para os xogadores de 14 ou menos anos. Esta coxuntura permiteulles a Daniel Alonso e a Miguel López achegarse aos postos de privilexio, xa que cos 13 puntos que teñen os dous están a só 4 de Daniel López e a 3 de Isaias Cardoso. Tanto Daniel coma Miguel, que comezaron na liga esta temporada, están a realizar grandes progresos no seu xogo, e inda que seguramente non van constituir un perigo para os tres de cabeza, si estamos seguros que na vindeira tempada van representar o mellor desta categoría.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE A VARA, O VINDEIRO SÁBADO, 9 DE NOVEMBRO DE 2013.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
