Burela, 13 de novembro de 2013. A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, participará este xoves en Santiago de Compostela na Asamblea xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Burela. Na xuntanza, que dará comezo ás 12.30 horas na sede da FEGAMP, decidiranse os proxectos que se cofinanciarán durante os próximos meses en países do Sur e presentarase o novo Plan de Comunicación Online do Fondo Galego.
Quince ONGD galegas presentaron á convocatoria aberta este ano un total de 17 proxectos de cooperación ao desenvolvemento nunha decena de países, en sectores que van desde a sanidade e a educación ata o fortalecemento da sociedade civil ou a protección do medio ambiente. Unha vez baremadas as propostas pola Secretaría do Fondo Galego, a Comisión Avaliadora, integrada por persoal de distintas administracións socias, trasladou o seu ditame á Comisión Executiva, que formulou a proposta que agora deberá resolver a Asamblea.
Na xuntanza exporase asemade un avance do Plan de Comunicación Online, ao que cada Deputación e Concello socio pode contribuír e, á vez, tirar rendemento, aproveitando o valor agregado que supón formar parte desta rede de institucións e persoas. O documento parte da base de que tamén cooperamos cando comunicamos, por exemplo visibilizando as motivacións e resultados dos proxectos no Sur ou das actividades de sensibilización en Galicia. As novas tecnoloxías e as redes sociais permiten redimensionar o alcance desta difusión e pór en marcha boas prácticas ao respecto.
Nesta Asamblea xeral tamén se presentará o estado da asociación municipalista e as accións previstas no marco da Irmandade Galicia-Cabo Verde, que se desenvolverá entre o 8 e o 15 de decembro coa visita dunha delegación caboverdiana, que visitará Burela, e as VIII Xornadas do Fondo Galego Comunicación e cooperación internacional, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos.
O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 90 concellos e as Deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido 142 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



