Xa temos falado dende estas páxinas do esperpéntico acoso que están a sufrir por parte do Estado español milleiros de emigrantes retornados que perciben pensións de xubilación de varios estados, xa temos falado do escurantismo que sementou a Axencia Tributaria ao redor da lexislación vinculada a este sector para poder tratar como defraudadores os retornados da Emigración Galega, si, con maiúsculas, porque a emigración é un capítulo -non pechado- da Historia da Galiza, un capítulo cuns protagonistas aos que na actualidade o Estado español está a espoliar as ganancias que conqueriron na Suíza, na Alemaña, nos Países Baixos, no Reino Unido… cunha arteira estratexia máis propia dun illado país tiránico ca dun pretendido estado de dereito. As vítimas do devandito espolio son os anciáns que noutrora trouxeron -amais de divisas e investimentos- modernidade, ideas anovadas e oxíxeno democrático á sociedade galega.
Mais do que non temos falado aínda é do agravio comparativo que pode albiscar calquera que coñeza uns poucos datos económicos do seguinte teor: Os clubes de fútbol deben aproximadamente entre 700 e 800 millóns de euros á Facenda estatal, iso, sen computar os datos dos clubes que non están constituídos como sociedades anónimas deportivas, que veñen sendo os coñecidos como grandes equipos, verdadeiras niñadas de defraudadores, quen por certo, son tratados con luva de seda pola Axencia Tributaria, malia a repercusión mediática que poidan ter os seus arranxos de contas.
Que presión reciben por parte do fisco as devanditas entidades deportivas? Están acosándoos acotío con notificacións? Sei que son preguntas con respostas implícitas, mais nesas respostas que todos coñecemos tamén vai implícito o agravio comparativo. Facenda está a cebarse no sector máis feble da sociedade, os anciáns. Está a cebarse cos emigrantes retornados, uns xubilados que tiveron que vivir boa parte da súa vida fóra do seu país.
Eles desbotaron a submisión e máis a secular resignación dun pobo aferrollado, por iso, agora nós, a colleita daquela diáspora transformadora, temos a obriga de defendelos, de protexelos da rapina coa que pretende subxugalos –abeirado nunha lei raposeira- o mesmo Estado que na súa mocidade os botou a traballar polo mundo adiante.
O obxectivo da Axencia Tributaria non é facer cumprir a lei, se non faríao con todos: coas entidades deportivas, cos que se ocultan tras as SICAV ou cos evasores de capitais aos que lles puxo alfombra vermella para que regularizasen a súa irregular situación fiscal. O obxectivo é meramente recadatorio. E as formas, o fondo e o xeito son miserábeis, non é un adxectivo gratuíto, é a definición perfecta para unha administración pública que está a converter en normal a anomalía (indultar de facto os grandes defraudadores) e en defraudadores á xente de ben, neste caso, os nosos emigrantes.
Non é de estrañar que moitos deles estean a cismar na posibilidade de volver aos lugares nos que foron tratados como auténticos cidadáns e non como presas doadas de estafar.
LIONEL REXES
Membro da Xestora do COLECTIVO DE EMIGRANTES RETORNADOS DA MARIÑA
emigrantes.retornados.amarinha@gmail.com






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



