Remedios López Villar, Concelleira do PSOE.- Dóeme moito ver como nesta época difícil de levar por moitas familias o Alcalde de Burela en vez de aplicar políticas sociais que axuden a moitas familias a chegar a final de mes, opta por encher o seu peto de dietas e nóminas e olvídase da xestión do pobo. Para solapar a súa mala xestión en vez de sacar proxectos para diante escúdase en que non hai cartos e opta por facer oposición a oposición.
Comezamos o ano coas luces a escuras do pobo, cando soupemos o resultado da súa auditoría enerxética, entre o que costou e o pouco que aforramos (xa que apagou as luces que eran de baixo consumo) tivo que agachar as orellas e volver a acender as farolas…. Logo nos di que leva dous anos intentando solucionar o tema das pistas de padel da Marosa, que incluso ten pensado tiralas. Que casualidade e a semana dea coa solución do que non puido facer en dous anos e volva a dar marcha atrás…. Co tema das contratacións xa nin falar, con este goberno xa sabemos que funciona a vinculación nominal (a dedo) que xa criticamos en distintas ocasións, non valorando a profesionalidade, formación… Co tema das asociacións que podemos dicir, volvéronse a equivocar. Antes de que as asociacións presentaran os proxectos das cousas que sacaron a diante xa tiñan otorgada unha cantidade económica, había unhas bases no concello que non respetaron e así chegamos a conclusión de que se lle deu subvención a quen tivo as portas pechadas todo o ano, a colectivos que non estaban constituídos de forma legal ……TODO UN CIRCO.
Na área que eu xestionaba como concelleira do Mar debo dicir que en épocas nas que non había cartos e non se lle puido dar unha cantidade económica, fíxose unha xestión que ao mellor foi mas rentable que unha limosna coma a que lle deu a algunha asociación. E eu mesma terei que lembrarlle: A asociación LEDICIA veuse beneficiada coa firma de un convenio entre o Concello e a Cofradía de Pescadores onde a Xunta lles permitía meterse na nave de redes para facer a feira e así aforrar unha carpa que lle custaba 8.000€, ao ano seguinte que tampouco se lles deu partida económica déuselle 4.000 exemplares do libro “BONITO DE BURELA” que distribuíron de forma gratuita na festa. Co Club náutico cando comezaron as obras do porto comercial falouse con Portos de Galicia e buscóuselles unha nova ubicación, fíxose o novo edificio, cambióuselle o material e fíxose unha nova rampa de acceso ao mar para poder baixar o material dos cursos. O que nunca permitimos e que estivera pechado todo o verán e que ninguén puidera desfrutar das súas instalacións. Coa fundación Expomar solo lle teño que dicir que o Concello aforrou cartos e que a Feira fíxose de forma bianual como era de costume e as xornadas técnicas e o encontro empresarial de forma anual coma sempre. E con eses 12.000€ que aforraron os veciños de Burela coa boa xestión, saquei a diante cousas que se perderon con vostede como:
CURSOS DE SOCORRISMOS, CURSOS DE PATRÓN DE EMBARCACIONES DEPORTIVAS (TITULIN) Y DE RECREO (PER), XORNADAS GASTRONÓMICAS E LIBROS GASTRONÓMICOS, LIBRO DE MEMORIAS DO OFICIO DO MAR DE BURELA, EXPOSICION FOTOGRÁFICA, CHARLAS SOBRE AS MEDUSAS, CURSOS DE SURF, CAMPIONATO GALEGO DE MOTO DE AUGA, O DÍA DO MAR CON MULTIACTIVIDADES ACUÁTICAS, SARDIÑADA POPULAR, CURSO DE REDEIRAS, REGATA DE BARCOS, CERTAMEN DE RELATO CURTO, NO NADAL CONSUME OS NOSOS PRODUTOS…
Todo isto ven recollido nun calendario ou como a vostede lle gusta chamar “Books fotográfico” que non lle costou un duro aos veciños de Burela xa que o pagou moi gustosamente os Grupos de Acción Costera financiados pola Consellería do Mar naquel momento gobernada polo PP.
PD. Deixen de pensar no final de mes e póñanse a traballar que os veciños de Burela non merecen este DESGOBERNO.
Remedios López Villar, Concelleira do PSOE





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



