O martes día 5 de novembro, na antiga escola de Adelán, en Alfoz, deu comezo o Curso de Cestería que, organizado polo Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), impartirá o cesteiro Ramón Vázquez, natural de San Acisclo. Neste curso participan un total de 10 alumnos (número limitado pola propia natureza do cursiño), quedando fóra do mesmo máis dunha decena de aspirantes que tamén querían participar, que terán que agardar a ver se é posible prolongar o curso ou organizar outro paralelo. O inicio deste curso enmárcase dentro do intento do SEVA de recuperar os oficios galegos tradicionais.
