O técnico do Burela FS Pescados Rubén, Juan Luis Alonso, participou este xoves no Curso de Monitor Deportivo que durante estes días se está impartindo no Centro Ocupacional do Concello de Burela.
No seu relatorio, “Metodoloxía de adestramento dentro nas escolas deportivas de iniciación ao fútbol sala”, Juanlu estivo acompañado polo preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera. Ambos os profesionais laranxas compartiron coñecementos e experiencias cos 15 alumnos/as do curso de formación para desempleados e o seu profesorado.
Nos próximos días, o devandito estudantado tamén recibirá a visita de representantes do Burela FS feminino, actual campión de Liga e Copa de España.