Cervo, 14 de novembro de 2013. O BNG non apoiou os orzamentos municipais para 2014 dos que so salientou como positivo a súa presentación dentro dos prazos legais e o incremento da partida para destinada ao FEUGA para formación e emprego. Do resto afirmaron que se tratan dunhas contas continuistas derivadas dunha situación de “práctica intervención e rescate do concello” por parte do Estado ao ter que adherirse a normativas de axuda debido ao endebedamento existente como o Plan de Axuste ou o RD de pago a provedores que o incapacitan para investir en servizos ou actuacións necesarios para a cidadanía.
Os orzamentos municipais para 2014 demostran que a boa saúde económica do concello non é tanta, seguimos cunha prevista para final de 2014 de 2,36 M€ que inhabilita ao concello para realizar investimentos importantes e non se prevén actuacións doutras administracións. A situación do concello na práctica é de “intervención e rescate” ao ter que acollerse á lexislación estatal derivada do Plan de Axuste ou de pago a provedores pola situación de endebedamento que o imposibilita para investir e lle resta autonomía de xestión.
Para o portavoz municipal do BNG, Xoán Antón Estúa, a partida de investimento real é raquítica igualando a cantidade do ano 2013 en 237.000 euros e repartida en pequenas cantidades, algo que contradí a boa saúde das arcas municipais como adoitan presumir os responsábeis locais do PP. Os nacionalistas botaron en falla investimentos que consideraron urxentes para avanzar no saneamento de augas residuais e completar as redes de saneamento en zonas como a do Porto de Arriba en San Cibrao e outras do concello.
Os orzamentos municipais tamén recollen fortes subidas no gasto enerxético para saneamento e abastecemento de augas – un 40% – así como un 20% no gasto por recollida de residuos que non se van derivar na súa aplicación aos recibos a pagar polos usuarios nin no 2014, nin no 2015, unha medida que o BNG considerou electoralista á vista das convocatorias electorais prevista. Pola contra, Estúa acusou ao goberno municipal de tratar de facer trampa á xente anunciando que non se van tocar as taxas e impostos, nin sequera coa actualización do IPC, algo que faría baixar taxas e impostos pola caída interanual deste indicador.
O BNG ademais de ter un recordatorio para as traballadoras e traballadores de cerámicas Sargadelos cuxa situación é gravísima, pediulle ao alcalde que explicara á veciñanza como se entende que durante anos estivese premiando a un centro educativo do concello e agora, cando hai outro que lle pide axuda para evitar os efectos dun decreto de comedores, inxusto e lesivo para o medio rural, ou non atende as peticións por non contradicir á consellaría e o partido.
Por último criticaron o gasto en protocolo e propaganda ou gastos diversos que superan os 80.000 euros e os 121.000 euros anuais en salarios, dietas e asistencias do grupo de goberno así como o mantemento dun gabinete de prensa que lle supón un gasto mensual ao concello de 2.300 euros, que cualificaron de indecente nun concello de 4.500 habitantes onde hai catro dedicacións e dúas camufladas.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



