A Coruña, 20 de novembro de 2013.- O Grupo Parlamentar do BNG vén de rexistrar unha batería de inciativas sobre a complicada situación económica de Cerámicas do Castro e de Sargadelos, que prevé despedir 27 dos 84 traballadoras e traballadores da planta de Sada e 41 dos 89, da planta de Cervo. Entre as iniciativas asinadas polas deputadas Montse Prado e Carme Adán e polo deputado Cosme Pombo, salienta unha proposición non de lei en que o BNG empraza a Xunta a desenvolver cantas xestións sexan necesarias para garantir o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da empresa, da súa imaxe e da calidade da marca. Tamén lle pide ao Goberno galego que faga valer as axudas públicas concedidas ao grupo Sargadelos para garantir a súa continuidade e mais o mantemento do emprego.
As nacionalistas tamén presentaron unha pregunta oral para coñecer que actuacións ten previsto adoptar a Xunta de Galiza diante da situación de Cerámicas do Castro e de Sargadelos. A maiores, en preguntas para a resposta escrita, o BNG interésase, entre outras cuestións, polos 400.000 euros a fondo perdido entregados á empresa e polos 600.000 euros en empréstito participativo; polo cumprimento, por parte da empresa, do cambio de ERE de extinción polo ERE de redución de xornada; polos motivos que levan a que, despois da axuda pública, volvamos atoparnos cun novo ERE de extinción e polos controis exercidos pola Consellaría para verificar que a axuda económica concedida á empresa en 2010 foi realmente dedicada aos obxectivos comprometidos.
O grupo empresarial recibiu 1 millón de euros en axudas públicas e leva encadeados varios ERE desde 2009
Nas iniciativas, as deputadas do BNG advirten de que as traballadoras e traballadores da cerámica sufriron varios ERE encadeados desde 2009. Salientan, ademais, que as traballadoras e traballadores do grupo fixeron un durísimo esforzo para axudar a manter o futuro da empresa, unha empresa, engaden, que se converteu nun patrimonio común, nun referente do imaxinario colectivo e da identidade do país.
Lembra o BNG que en 2010 a Consellaría de Economía comprometeu unha axuda de 1 millón de euros para apoiar un plan do grupo empresarial que contemplaba que non se despediría persoal, dado que cambiaba o ERE de extinción por un de redución de xornada. Porén, a Dirección do grupo vén de presentar, neste mesmo mes de novembro, unha proposta para prescindir de 68 traballadoras e traballadores do total de 173 empregadas e empregados das plantas de Sada e mais de Cervo.
Neste contexto, Montse Prado, Carme Adán e Cosme Pombo indican que se ben é certo que se trata dunha empresa privada, tamén o é que se trata dun dos símbolos da nosa identidade cultural e subliñan que o Goberno galego non pode sentirse alleo nin pode ficar indiferente ante esta ameaza de destrución de postos de traballo e ante a falta de garantías para a continuidade da actividade.

























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



