As pupilas de Quico Otero resolveron con contundencia a súa visita á correosa pista do Móstoles. O Burela FS Pescados Rubén goleou 1-7 nunha cita baixo mínimos, na que non puido contar coa internacional Lidia Mesías, que regresou da concentración con España cunha forte contractura, e onde Lara tamén tivo problemas musculares por un mal golpeo.
O rápido gol de Maite, no minuto 3, que quedou soa ante a porteira logo dun desmarque de Peque ás costas da defensa, deulle ás á escuadra burelista nunha primeira parte equilibrada onde a posesión se repartiu en ambos os bandos. O Pescados Rubén soubo sacar vantaxe a este resultado e frear a posesión do Móstoles, que dispuxo de ocasións de lonxe desartelladas pola defensa laranxa e grande acerto de Patri. A tres minutos para o descanso, Peque anotou o 0-2 definitivo ao ecuador, en parede con Maite.
Co inicio do segundo tempo, o Burela FS puxo terra por medio, con 0-3 en nova aparición da pichichi laranxa, en parede con Claudia (minuto 22). Aínda que poucos segundos despois, Patri Chamorro reduciu as distancias con volea á escuadra ao controlar un pase elevado desde a banda, as filas galegas mantiveron o control e as ocasións ante un Móstoles con nerviosismo pola remontada.
A falta de catro minutos para o final, Claudia volveu deixar de manifesto a autoridade laranxa, culminando un pase ao segundo pau de Maite desde a banda. As mariñás ampliaron a fenda no marcador coa aposta das mostoleñas pola porteira xogadora. Maite, en 37, subiu o 1-5 nun roubo, a porta baleira. O 1-6 chegou no 38, coa firma de Bea Mateos, que aproveitou unha falta de entendemento nun pase no cambio de xogo de cinco pola entrada da porteira local. Para anotar o definitivo 1-7, rubricou o seu hat-trick Peque no último minuto en colaboración con Maite.
Ficha técnica
Móstoles FSF: Pauli, Patri Chamorro, María Otero, María García, Eva, cinco inicial; Inma, Raquel
Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Bea Mateos, Claudia, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cris, Jozi
Goles: 0-1, minuto 3, Maite; 0-2, minuto 17, Peque; 0-3, minuto 22, Peque; 1-3, minuto 22, Patri Chamorro; 1-4, minuto 36, Claudia; 1-5, minuto 37, Maite; 1-6,minuto 38, Bea Mateos; 1-7, minuto 39, Peque.
Árbitros: Iván del Hoyo // Diego San Juan (Madrid)
Tarxetas: Por Móstoles a Patri Chamorro e María García.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
