Ribadeo, 11 de novembro de 2013. O Concello inaugura unha nova oferta de ocio dirixida ás parroquias. Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade e Servizos Sociais “ao igual que aconteceu no seu día coa ximnasia de mantemento, trátase de achegar novas actividades para dinamizar o rural e garantir unha igualdade entre a cidadanía que reside no núcleo urbán e a do rural”.
As tardes de lecer darán comezo, a modo de proba, os días 15 e 20 de novembro, respectivamente e seguirán ata finais de ano todos os mércores e venres. Mariluz Álvarez Lastra indica que “as tardes constarán de dúas horas de duración, nas que se farán un compendio de obradoiros alongados no tempo, complementados con actividades de carácter puntual. Nas tardes de lecer haberá un obradoiro de memoria, no que ademáis se aproveitará para recoller lendas, contos, ditos, cantigas… e tamén hai previsto un club de xogos e actividades manuais, acompañadas dun café e de tertulia”. A actividade denomínase Aquí…como de 20. Obradoiros de memoria.
Este venres, 15 de novembro, as tardes de lecer darán comezo na escola de Cedofeita de 16 a 18 horas e na escola das Anzas de 18:30 a 20:30 horas. Xa o mércores, 20 de novembro, estas actividades chegarán á escola de Rinlo de 16 a 18 horas e á escola de Vilaselán de 18:30 a 20:30 horas.
As Concellarías de Igualdade e Servizos Sociais tamén anuncian que “de forma forma rotativa polas diferentes parroquias haberá na fin de semana Seráns con baile” e subliña que “a estas actividades poderá acudir calquera veciña/o aínda que non sexa da parroquia na que se vai realizar dita actividade. Non é preciso anotarse”.
Despois do Nadal as tardes de lecer chegarán tamén a outras parroquias ribadenses.
Desde o Concello de Ribadeo animan “a participar destas tardes de lecer e dos seráns con baile”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



