CADERNOS DA VIAXE. Unha parte hexemónicamente maioritaria dos nosos xuices e maxistrados (fóra Tribunais Supremo e Constitucional e Audiencia Nacional) traballan a eito e tentan facer xustiza con imparcialidade e obxectividade. A inmensa maioría dos nosos policías e servidores públicos entréganse ao seu traballo con profesionalidade e espirito de servizo cidadán. E, porén, miñas donas e meus señores, o Estado non é neutral. Os Poderes Públicos tenden satisfacer preferentemente os intereses das grandes corporacións e das elites, no canto das pemes, clases medias, traballadores e excluídos sociais.
Unha parte da responsabilidade desta desgraza é a hexemonía do bipartidismo monárquico-dinástico (PP-PSOE; PSOE-PP) ao longo destes máis de trinta anos. Un bipartidismo hexemónico que residenciou o poder político real en dúas moi pequenas elites dos dous partidos maioritarios. Que, ao tempo, son quen fornecen os centos de milleiros de postos políticos de segundo, terceiro e cuarto nível e quen negocian cos poderes financeiros hexemónicos. Algúns, si, transnacionais, mais outros estreitamente vencellados ás propias elites popular e socialista. Non por acaso a meirande parte dos valores do IBEX 35 pertencen a antigas sociedades públicas privatizadas canda Felipe González ou JM Aznar ou a bancos, distribuidoras eléctricas e grandes construtoras-concesionarias de servizos que dependen do BOE. Velaí a forza no Estado do chamado capitalismo castizo do BOE.
Mais o control destas elites a respecto dos Altos Tribunais e dos mandos máis sobranceiros das Forzas de Seguranza garante que a estrutura estatal e máis estritamente, a da Administración do Estado dependente do Goberno central estea sempre aquelada para afastarlle os problemas ás elites e facer caer o peso da lei sobre os infractores que carezan de padriños ou mesmo sobre os que sobardan as canles convencionais de oposición e protesta e exercen accións non violentas de desobediencia civil. O Estado español multa manifestantes pacífícos, mentres desprega todos os seus esforzos para lle evitar trastornos a Rato ou á infanta Cristina.
Mal pode cualificarse de social, liberal ou democrático un sistema duro cos febles e tolerante cos poderosos.
Xoán Antón Pérez-Lema




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



