O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, que organiza para o Domingo 10 a Ruta Clausura de Tempada, decide adiantar en media hora a saída da Ruta. Os camiñantes deberán de estar as 9:00h. da mañá no Restaurante A Cancela de Morás (antes era as 9:30h.), para coller o autobús e desprazarse ata a saída da Ruta en Vilachá, onde a andaina dará comenzo as 9:30h. Este cambio de media hora débese ós axustes de tempo da camiñata, pois os sendeiristas van facer un roteiro de preto de 16 km. por toda a Costa de Xove para finalizar en Morás, onde almorzarán no Restaurante A Cancela. A inscrición e totalmente gratuita para todas as persoas interesadas, pertenzan ou non ó Grupo de Sendeirismo. A comida final queda reservada para os compoñentes do Grupo de Sendeirismo. Dense a ACD Xove anímase a todos os veciños, tanto de Xove como de outros Concellos, a participar desta Ruta e disfrutar da riqueza natural que posúe a nosa Costa.
