Ó longo dos derradeiros vinte anos e mercede á sensibilidade,visión de futuro e esforzo dunha parella – Emilio e Mari Carme – a Mariña Central conta co que hoxe é un atractivo turístico de primeiro orde. Só dende a ilusión xerada polo amor á terra e á cultura dos devanceiros; dende a veneración pola natureza e a vontade decidida de asumir un risco acaso mais alá da economía persoal, foron os alicerces que, mesturados, lograron acadar obxetivo tan exemplar como ambicioso, do que sería bó que a sociedade en xeral aprendese a lección, cando a cotío no noso contorno se practica, en aras de mal entendida modernidade, unha depredadora acción destructora dos valores histórico-tradicionais, etnográficos, paisaxísticos, antropolóxicos e culturais en xeral, que resultando arrepiantes para a apreciación da cidadanía, sensible a tanta barbarie, constituen unha agresión ó patrimonio, material ou inmaterial, e polo tanto a devaluación do mesmo; é decir, un empobrecemento dos recursos. É evidente que os terreos da finca Galea xa estaban alí; faltaba que, coma Lázaro, unha voz (a do visionario) dixese: “levántate e anda” Pero para iso había que contar coa intuición, a vontade de sacrificio e as aptitudes que apuntamos, non doadas de atopar. Emilio e Mari Carme, dende unha vocación e ilusión a toda proba, foron quen de acadar o paraíso que expresou Manuel María: “auga, pedra e árbores están en “Galea” sabiamente combinados, omo as palabras nun poema perfecto. O rumor do río Ouro e a brisa meneando as follas do arboredo póñenlle música a tanta beleza… “ Valores da cultura e da natureza, que marchan parellos, e gañan adeptos cada día como reclamo turístico; ao punto de que a televisión, en fermosos reportaxes, a presenta como “O museo da auga” Novo impulso para un recinto que é honra e atractivo da bisbarra e conserva e potencia toda a maxia dun espacio único, difícilmente equiparable: a máxica “Galea”, un resorte clave –non o único–no tan proclamado, e nunca afrontado, obxetivo de desestacionalizar o turismo da comarca.
Suso Fernández.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



