Varios veciños de Verxeles- Xunqueira e Magazos expresaron a este grupo o seu malestar e enfado polo abandono ao que o goberno municipal de Viveiro os ten sometido.
Os veciños destas zonas aseveran que desde fai más de ano e medio veñen sufrindo continuos cortes de auga, o que lles ocasiona unha serie de trastornos e incomodidades que non corresponden á calidade que veñen pagando por este servizo.
Esta situación agravouse co corte de subministro de máis de 24 horas os días 28 e 29 de novembro, o que irrita aínda máis a uns usuarios que pagan relixiosamente os seus recibos e, sen embargo, non son correspondidos coa mesma rigorosidade e eficiencia.
Estas frecuentes situacións son incómodas para todos os membros familiares, pero sobre todo para aquelas familias que teñen nenos ou persoas maiores, incluso con problemas de mobilidade, o que empeora aínda máis esta situación.
Desde o PP de Viveiro, esiximos ao goberno local máis celeridade na solución destes problemas ou, polo menos que explique aos usuarios, destes servizos cales son os motivos da demora en solucionar estas avarías, para que os veciños poidan facer as súas previsións, pois estes quéixanse de que non existe interlocutor municipal que lles dea algún tipo de explicación, situación por outra parte cotiá dado que son moitos os colectivos e cidadáns que manifestan o seu enfado e sorpresa que non haxa ninguén do goberno municipal a quen poidan dirixirse para expresar as súas suxestións ou reclamacións, o que por desgraza ven sucedendo con demasiada frecuencia.
Así, os populares manifestaron que “esperemos pois que cando esta nota vea la luz, o servizo de abastecemento de auga das zonas de Verxeles-Xunqueira e Magazos, estea xa restablecido e que no futuro as avarías sexan menos frecuentes e se reparen con maior celeridade”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



