Mondoñedo, 14 de novembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo levará unha moción á próxima sesión plenaria na que lle urxe ao equipo de goberno local (PSOE e BNG) que de maneira inmediata realice as xestións oportunas para arranxar as deficiencias existentes na obra da praza do Seminario, Rúa da Fonte e entorno da catedral.
Os populares rexistran esta iniciativa ao considerar “intolerante” a “incapacidade” do equipo de goberno á hora de reparar as patoloxías que presenta a infraestrutura e da que teñen constancia dende o equipo de goberno dende maio de 2012 a través dun informe técnico.
En concreto, dende o Partido Popular de Mondoñedo explican que as deficiencias que presenta esta localización se resumen en arquetas e elementos de pedra sen rexuntado adecuado que, por un defectuoso asentamento, materializáronse en desprendementos de pedras e en algúns casos na rotura deixando inservibles certas zonas da rúa.
A maiores as conexións eléctricas deixáronse realizadas de forma provisional, sen a realización do conseguinte proxecto de legalización preceptivo, sendo ditas instalacións, polo seu carácter provisional, imposibles de legalizar.
E de igual maneira, tamén se deixaron elementos do mobiliario urbano sen a preceptiva sinalización tales como bancos e similares, de forma que foron golpeados por vehículos e movidos do seu sitio.
Os populares denuncian que esta situación non implica só unha mala imaxe para o visitantes, senón que tamén un risco para as persoas e os vehículos despois de botar a perder preto de 200 millóns de pesetas en “deixar unha zona peor do que estaba”.
A falta de implicación do goberno local
Pese a ter constancia de que en marzo de 2012, a empresa abandona a obra, de forma unilateral, deixando traballos pendentes en execución de melloras, elementos de acabado e sinalización sen executar, así como defectos de execución en algunhas unidades de obra que, transcorrido o tempo materializáronse en patoloxías de certa embergadura; ao Partido Popular só lle consta que un ano despois (en maio de 2013) se aprobase a concesión ao contratista do prazo dun mes para que procedese a reparar as deficiencias.
Porén estas actuacións requiridas non se materializaron, explican os populares, e pese a que se solicite o aval por importe de 38.832,44 euros, nesta obra pérdese a contía de 142.458,64 euros, xa que os informes técnicos reflexan patoloxías (15.000) e melloras pendentes de executar (110.874,76), xunto a outros gastos xerais e impostos, por importe total de 181.291,08 euros.
A situación por si mesma amosa a falta de implicación dun goberno local que se amosa incapacitado de darlle solución a un feito que está a dificultar o día a día dos veciños da localidade e no que se investiu diñeiro para obter unha localización en peores condicións das que se atopaba antes de iniciar as obras.
Polo tanto, os populares úrxenlle ao equipo de goberno que de maneira inmediata leve a cabo accións contundentes que permitan, polo menos, arranxar as deficiencias que presenta o entorno despois desta obra e que aparecen recollidos nun informe técnico datado do 18 de maio de 2012.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



