Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos facer públicas as nosas impresións despois de que o pasado luns, día 11, e como xa tíñamos feito público mantiveramos unha reunión coas asociacións que tiveron a desgraza de ser ninguneadas e desprezadas polo equipo de “desgoberno” de Burela no reparto das subvencións que se fixo fai poucas datas por parte do mesmo.
Esta reunión tiña un carácter informativo, e nela, lle entregamos a cada unha das asociacións a documentación onde figuraban as partidas, a motivación e as asociacións ás que si se lle concedían asociacións.
A primeira cousa que lles chamou a atención, foi a explicación do porque se concedía a subvención xa que segundo esta explicación, calquera das asociacións presentes na reunión poderían perfectamente ter dereito á concesión da mesma.
Outra das críticas que nos expuxeron foi a de que se concederan subvencións a asociacións que non están constituídas legalmente como tal, algo que nos xa tiñamos denunciado publicamente, e que confirma que o reparto destas subvencións foi cando menos lamentable.
Dende este grupo de asociacións discriminadas por parte do equipo de “desgoberno” de Burela, tamén nos manifestaron que tiñan remitido unha solicitude de reunión ó Sr Barcia para que lles explicara de primeira man o motivo da súa exclusión destas subvencións pese a que son asociacións que fan actividades todo o ano.
Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Burela se lles explicou que nos anos do goberno do Sr Llano, existían unhas bases polas que se rexían este tipo de axudas e nas que se contemplaban uns criterios obxectivos e ante os que todas as asociacións partían con opcións a estas subvencións, que non se usaron neste reparto. Este reparto fíxoo o “dedo” do Sr Barcia co resultado que estamos a comprobar.
Por todo isto, o PSdeG-PSOE vai a pedir en Pleno que se usen as bases existentes, ou que se non gustan estas, se regule de algunha maneira o reparto destes cartos públicos, esixindo que este reparto sexa público, obxectivo e que permita que todas as asociacións podan ter opción a estas subvencións sen depender de que se lle caia máis ou menos simpático ó Sr Barcia e a o seu equipo de “desgoberno”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



