Perto de 70 palanadores/as déronse cita no pavillón deportivo de San Miguel de Reinante o sábado 16 de novembro para disputar a 4ª xornada puntuable da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste.
A xornada “alargouse máis da conta por varios motivos, entre eles a actitude irresponsable e pouco compromiso amosado por xogadores que se apuntan ó aberto e logo non se presentan a xogar, por non falar da falta de puntualidade que algúns (os menos, todo hai que dicilo) teñen por norma xeral, obrigando así a retrásalo comezo da competición. A organización dos abertos é flexible e ten por bandeira dar as maiores facilidades a toda a xente que queira xogar, pero isto non debe tomarse como que cada quen pode facer da súa capa un saio e ir e vir ao seu antollo. Todo ten un límite e o sábado traspasouse”, manifestan dende a organización da conferencia NorLeste.
Deixando aparte negativos aspectos, no deportivo un novo éxito de participación e competividade máxima. Enfrontamentos intensos que deparan unha grande emoción ao longo da tarde. Brincos de ledicia si lle gañas a un dos “grandes” e desencanto se te ves superado, subliñadamente cando pensas que tes a situación controlada e un cativo golpe teu ou bo do contrario bota por terra os anceios de victoria.
Boa colleita de varados, un total de trece tiros directos, e outros tantos ou máis a carón do varal. O chan do pavillón axuda no percorrido da billarda sendo moitos os tiros directos, aínda que fai falla boa precisión, doutro xeito as billardas fuxen polo fondo da pista co que tes un tiro perdido e das vantaxe ao teu enemigo deportivo.
Por primeira vez no que vai de liga un equipo consegue o 100% de efectividade. Os Billardeiros Musicais non só gañaron a xornada senón que por riba fixeron os 40 puntos posibles. Catro dos seus representantes acadaron o pleno e xunto con Richar dos Tropa Lixeira, tiveron que xogar polos postos de honra. Foron os finalistas: Geni, Juan, Markytos, Suso Coedo (B.M.) e Richar (T.L.) que logo de facer as tres carreiras de rigor quedaron así: Campeón Markytos, segunda Geni e terceiro, Suso Coedo.
En mulleres Geni foi a campioa seguida de Maricarme (Troitas Bravas) e Paula (Carabullo de Toxo). Todos eles recibiron uns vistosos trofeos de mans do concelleiro de cultura escoltado por Flores en representación da LNB quen, así mesmo, fixo entrega dun xamón a Markitos, una ristra de chourizos e máis un pack de productos “El viejo Pescador” a Geni e un queixo a Suso Coedo. Bo proveito aos gañados e parabéns a tódolos participantes por este novo éxito billardeiro.
As clasificacións quedan así:
Individual: Richar 35 p., Franco 32 p., Charli, Muriego, Regueiro e Santi 31 p., Daniel, Juan e Suso Coedo 30 p.
Por equipos: Billardeiros Musicais 141 p, Carabullo de Teixo 118 p., e Troitas Bravas, 113 p.
Varados: Regueiro, 4, Santi 3, Charli, Daniel, Miguel Moran e Muriego 2 varados.
A quinta xornada celebrarase en Ribadeo o vindeiro 15 de decembro.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
