Beni Mántaras.- Pola rúa Deputación, de Ribadeo, pasa a ruta Norte do Camiño de Santiago, o que supón diversos problemas para os propietarios de vivendas, sobre todo á hora de facer obras nas casas. Pero ten outras consecuencias aínda máis negativas, sobre todo dende que se arranxou estevial estreito,pois quedou sen beirarrúas e coa zona establecida para os peóns á mesma altura que a calzada e diferenciada desta unicamente por unha raia amarela. Ao parecer non se poden colocar morróns (bolardos) nin outro sistema de separación similar por estar na ruta xacobea.
Na miña opinión esta situación é unha grande incongruencia porque precisamente por ser a rúa Deputación parte do Camiño de Santiago debería estar máis protexida a zona establecida para os peóns, xa que é o lugar por onde pasan centos de peregrinos, sobre todo durante a primavera e o verán.
Pero o máis grave é que nunha rúa destas características vemos continuamente como circulan coches a grandes velocidades, como se fose un circuíto de rallys. E, por se fose pouco, algúns, con demasiada frecuencia, pasan en sentido contrario ao permitido.
Afortunadamente non houbo que lamentar ningún accidente grave de momento. Pero se isto segue así e ninguén fai nada por arranxar esta situación o sinistro pode producirse en calquera momento. E as vítimas podemos ser os residentes na rúa, outros veciños ou incluso peregrinos. Se desgraciadamente algún día ocorre e os afectados son algúns dos que pasan cara a Santiago para gañar o xubileu o suceso terá máis repercusión e seguramente se tomarán medidas para mellorar a seguridade nesta rúa. Pero os veciños de Ribadeo tamén temos dereito a transitar por ela sen o temor constante a ser atropelados.
Beni Mántaras.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



