O Vicedo, 4 de novembro de 2013.- A delegada territorial, Raquel Arias, visitou este luns aos alumnos participantes no obradoiro de emprego Río Sor, que comezou hai uns días e foi impulsado conxuntamente polos concellos de O Vicedo, Muras e Ourol.
A delegada subliñou que a Consellería de Traballo e Benestar creou este ano preto de 200 postos de traballo a través dos 9 obradoiros de emprego impulsados na comarca, que involucraron a 12 concellos e suman un investimento de máis de 1,3 millóns de euros.
No conxunto da provincia, engadiu, xeráronse preto de 500 empregos en 17 obradoiros, que supuxeron un investimento global de 3,5 millóns de euros.
Raquel Arias defendeu o novo modelo que prima a presentación de proxectos conxuntos entre varios municipios porque “significa coordinar accións e reducir custos, permitindo o acceso do maior número posible de persoas desempregadas”.
No caso do obradoiro Río Sor, conta con 20 alumnos traballadores máis cinco membros no cadro de persoal, entre monitores, persoal de administración e de dirección. Supón un investimento de 177.700 euros por parte da Xunta de Galicia e ofrece formación en xardinería e atención sociosanitaria a domicilio.
Arias estivo acompañada polos respectivos alcaldes, José Jesús Novo, Issam Alnagm e Marcial Sanjurjo, ante os que subliñou a necesidade de seguir sumando sinerxías que procuren a creación de postos de traballo a nivel local. Ao respecto, indicou que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar postos de traballo e “os concellos xogan un importante papel para detectar e aproveitar estes nichos de emprego no seu ámbito”.
Os participantes do obradoiro levarán a cabo o acondicionamento dos xardíns das prazas e da aldea etnográfica de Carelle, en Muras; a construcción de soleiras para contedores en Muras e no Vicedo; a reforma a habilitación de zonas verdes na zona de O Mesón, en Ourol; o acondicionamento do espazo ocupado pola antiga depuradora municipal do Vicedo, e o mantemento das áreas recreativas de San Roman, Folgueiro e Moreiras, tamén no Vicedo.
Polo que respecta á especialización de atención sociosanitaria, o programa prestará atención a persoas que a necesiten dos concellos de Ourol e O Vicedo.
Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 18 e teñen unha duración de seis meses, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquiren unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral.
Esta filosofía de “aprender traballando” permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan, aspecto que tamén apuntou Arias durante a súa visita. “En xeral –afirmou- estes proxectos abren un importante espazo de colaboración cos concellos, que son os que mellor coñecen tanto o seu potencial como as súas necesidades”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



