O Burela FS Pescados Rubén visitará a pista do Jáen Paraíso Interior FS no duodécimo compromiso de Primeira, este sábado ás 18.00 horas. Esta será a primeira das catro finais que quedan por diante na última recta para conseguir o soño da Copa de España.
A escuadra laranxa, que xa adestrou na mañá deste venres en terras xienenses, saltará á pista “con moitas ganas” despois do agridoce empate na casa con Gran Canaria (2-2). Verase as caras cun equipo dirixido polo ex-burelista Dani Rodríguez, que defende a undécima praza, con 8 puntos, 7 por baixo da sétima posición dos galegos; ata o momento repártese os puntos entre a casa e a domicilio con dúas vitorias (3-4 Gran Canaria e 6-3 Marfil Santa Coloma) e dous empates (4-4 Zaragoza e 2-2 Montesinos). “É un rival que deu un serio aviso da súa fortaleza como local no seu último partido en La Salobreja, vencendo con solvencia ao Marfil (6-3)”.
Os da Mariña mediranse a un rival “que tende a presionar en cancha contraria e cunha defensa en zona que crea moitas dificultades” segundo analiza o técnico burelista. “Sabemos que gañar supón un grande esforzo en calquera partido pero confiamos en reaccionar ben. Xa nos enfrontamos a sistemas de xogo similares, con Umacón Zaragoza e Ríos Renovales, e con resultados diferentes; perdemos en Zaragoza (3-1) e gañamos en Tudela (2-6). Desas dúas experiencias extraemos conclusións para saber como medirnos a Jaén”.
O adestrador dos laranxas tamén reflexionou sobre a transcendencia dos tres puntos en La Salobreja: “Se non sumamos complícasenos o obxectivo, aínda que seguiremos con opcións. En cambio, se gañamos, estaremos a un paso e con tres oportunidades máis de chegar á nosa meta ao peche da primeira volta”, concluía Juanlu.
A única ausencia nas filas mariñás será a de Christian, que poderá incorporarse con normalidade aos adestramentos a partir da próxima semana logo dunha lesión de isquiotibiais.
Día do club
A próxima semana o Burela FS Pescados Rubén celebrará o terceiro e último partido da tempada como Día do Club, coa visita a Vista Alegre do líder, Inter Movistar; o encontro do sábado 30 de novembro comezará ás 16.30 horas, con emisión en directo de TVG2. A venda anticipada de entradas estará dispoñible desde o luns 25 pola tarde na sede do club laranxa.
PREZOS PARA SOCIOS
Abono Individual: 5 euros
Abono Familiar: 5 euros/entrada
Abono Estudante: 5 euros
Abono Xuvenil: 5 euros
Abono Xubilado: 5 euros
Abono Infantil: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Maiores de 14 anos: 20 euros
De 0 a 13 anos: 3 euros





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
