Isabel Díaz Castro, Subdirectora de Enfermería no Hospital Comarcal de Burela, impartiu en Foz a segunda charla médica falando sobre a “Prevención de úlceras” acompañada polo subdirector Médico, Ignacio Núñez Jiménez. Unha charla moi interesante sobre como tratar este tipo de doenzas á que acudiron profesionais da saúde e de axuda a domicilio. A vindeira charla será o xoves 21 e versará sobre as enfermedades de próstata. O ponente será o doutor Ángel Núñez, especialista en Uroloxía.
