Este venres 15 de novembro terá lugar a partires das once da noite o terceiro Campañazo do mes de novembro, que organiza ACIA Foz e no que se porán en xogo outros 600 euros en vales de compra, 300 para o primeiro que cante o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. Mar Castro foi a gañadora do pasado sorteo celebrado o 8 de novembro. Cantou o Campañazo no bar O Chícaro e levou 300 euros en vales de compra, que lle foron entregados este mércores por parte de membros da directiva de ACIA Foz. Outras seis persoas resultaron agraciadas con 50 euros en vales de compra cada unha. Todos os afortunados reuníronse para facer a foto de familia.
