Ribadeo, 30 de novembro de 2013. A blogueira experta en moda Silvia Navarro participará o vindeiro 6 de decembro en Ribadeo Fashion Night, un evento no que se dan cita catro tendas da localidade, unha perruquería e un local de ocio.
Silvia Navarro preséntase no seu blog e na su páxina web www.1sillaparamibolso.es como “una chica normal que hace 3 años (agosto 2010) decidió crear sobre una plantilla sencilla de blogger y alguna foto de móvil lo que hoy es 1sillaparamibolso, un blog que ha ido creciendo junto a vosotras, aprendiendo que hay miles de estilos distintos y todos ellos igual de válidos, un blog donde día tras día intento mostrar mi particular manera de entender la moda, más allá de las tendencias”. O seu blog recibe 2.500.000 de visitas mensuais, conta con 46.000 seguidores en twitter e a máis de 159.000 personas gústalles o seu perfil de facebook.
Silvia Navarro é autora dun libro, que está sendo presentado en varias cidades españolas, e conta coa súa propia liña de moda.
Esta coñecida blogueira acudirá a todas as firmas que participan en Ribadeo Fashion Night. Ás 10:30 da mañá estará na perruquería Imag_n 365 e xa pola tarde os amantes da moda que queiran escoitar os seus consellos poderán vela ás 18:00 horas en Petite Toe, ás 19:00 horas en Modesto G, ás 20:00 horas acudirá a Siete Pecados, ás 21:00 horas estará en Hola Ola e a partir das 23:00 horas, Silvia Navarro estará na festa que se celebrará no Molino.
Ribadeo Fashion Night está organizada por Ribadeo de moda e Donapubli Eventos.
Ese día as tendas participantes ofrecerán descontos que oscilarán entre o 20 e o 30% nos seus artigos. E ademais prepararon diversas actividades que se celebrarán ao longo de toda a xornada no interior dos seus establecementos: cócteles, actuacións de Dj,s, mesas doces, petiscos, almorzos e sorteos.
Os interesados en seguir a última hora desta cita coa moda poden facelo a través do perfil de facebook Ribadeo de moda.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



