Son consciente das críticas que reciben estes articulitos meus que pululan por aquí todos os fin de seman, chova ou faiga calor esteña en Xunqueira ou en Venecia. Fixos e puntuales como un reloxo fabricado por un galego na nazon helvetica.
Que uno relate vivencias, situacións e momentos propios, que conte fragmentos autobiográficos ao máis puro estilo cantautor…a alguns non lles gusta. Por suposto respeto tal crítica, ata poida que enténdaa en certa forma, pero teño a impresión de que, escriba o que escriba, sempre haberá un anaco de nós naquilo que expresemos, xa sexa un pensamento, un sentimento ou unha formulación do tipo que sexa. Talvez unha importante porcentaxe da oxetividade desapareza pola nosa condición human… quizais de feito, iso da oxetividade nin sequera exista…
Hoxe dáme un pouco igual todo iso, a verdade. Non teño un bo día e paseime por aquí, por esta folla en branco, a dar un berro, que de cando en vez non vén mal. E é que hoxe ando fodido, moi fodido, como un marciano nun planeta perdido e áspero. E os motivos… non sei… son tantos e tan escasos á vez que non sabería nin como nin por onde empezar.
Quizá teña que ver a impresión de que a vida, de cando en vez, é un bucle que che fai tropezar coas mesmas pedras, sempre as mesmas, día tras día. E malia que procuras aprender de cada hostiazo, caes no mesmo burato, cansado das mesmas cavilaciones de sempre, farto das comedias románticas polo irreais que son e o moito que me gustan pese a iso, hastiado de que moitas delas aparezan cando lles apeteceu, e se haxan ir cando máis as necesitaba. Irritado polas miñas queixas, apesadumbrado por cruzarme con mil rostros e sentirme asfixiado en un pais que multa a un pobre por estar pedindo na esquina e deixa libres e sin culpa a os que emporcallaron Galicia enteira con miles de toneladas de chapapote con decisions equivocadas de politicos de merda.
Pero así son as cousas. Mañá será outro día… ou talvez non, pero o de de hoxe xa se afrouxou un pouco, e polo menos corre un pouco de aire pola miña garganta. O devandito, un mal día.
Otero Regal.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



