Jesús Vázquez Tallón preséntase ó Congreso Provincial Extraordinario das Xuventudes Socialistas de Galicia, coa intención de lideralas na provincia de cara ós próximos anos. Este lucense está a levar a cabo visitas ó longo de toda a provincia, para coñecer a realidade de cada unha das agrupacións e concellos.
Como ve este proceso provincial?
É un proceso apaixoante, cheo de ilusión e ganas, que me está permitindo aprender moitas cousas dos diferentes militantes da provincia, que son cos que debemos intentar reverter esta situación de falta de credibilidade da política por parte da sociedade. Estou aberto a incorporar todas e cada unha das propostas para acadar unas Xuventudes plurais e efectivas, no eido político, orgánico, ideolóxico e social.
En A Mariña, cales cre que deben ser as prioridades?
A comarca de A Mariña, composta por 17 concellos, ten unha grande diversidade, de aí que cada unha das zonas ten unha riqueza cultural e social totalmente diferente, aínda que a marca A Mariña debe ser potenciada no seu conxunto para lograr dinamizala, valorando xa de por si que é unha referencia para a nosa provincia. Considero que a finalización da autovía, cun grande retraso nos prazos de execución, vai axudar a dar un salto cualitativo no eido turístico, aínda que demando un plan turístico efectivo e real, que potencie os recursos da zona e que a faga crecer, económica e socialmente. Na miña opinión, outro aspecto clave é a fixación da poboación, xa que son moitos os xóvenes que se van formar fóra e xa non retornan á zona por falta de oportunidades, ó igual que como é obvio, a potenciación dos recursos do mar, que son a forma de vida de moitas persoas da comarca e onde se debe esperar un maior investimento da Xunta, xa que é unha zona que sae perxudicada con respecto a outras zonas marítimas galegas.
Como ve ó PSdeG en A Mariña?
O PSdeG, ten representación na comarca tanto nos eidos institucional como orgánico, ademáis de ter un gran número de compañeiros e compañeiras que son activos necesarios neste partido, en todas e cada unha das agrupacións locais, mantendo a esencia do municipalismo e estando en contacto necesario coa cidadanía. Agora éntrase na segunda fase da lexislatura e hai que empezar a pensar en que debe ser o mellor en cada concello de cara ás eleccións municipais de 2015. Tras o congreso provincial, creo que Mayra García fará un excelente traballo como coordinadora provincial.
E en Xuventudes Socialistas?
Estamos a traballar con cada unha das agrupacións locais do PSdeG, para impulsar e dinamizar as agrupacións de Xuventudes, á vez que traballamos para que estean na totalidade da comarca. Creo que hai que mencionar o traballo de Cristina Losas ou Adrián Longarela, entre outros.
No tocante ó contexto galego e provincial, son Besteiro e Santín os líderes adecuados?
Si, sen lugar a dúbidas. Gómez Besteiro representa todos os ideais do partido no tocante ó seu liderazgo político e persoal, e ben certo que será o próximo Presidente da Xunta de Galicia. Desde logo, traballamos e traballaremos para que saque a Galicia desta situación tan complexa na que estamos, e creo que é a persoa adecuada. Ten todo o meu apoio.
En canto a Santín, outro tanto do mesmo, é unha persoa que medrou moito políticamente nestes anos e ten tanto capacidade política como de xestión, de aí que entendo que é o líder adecuado a nivel provincial, que nos pode guiar a uns grandes resultados electorais. Finalmente, non me quero esquecer do grandísimo traballo que fan outros compañeiros, para que o PSdeG poda ser unha realidade no gobernó dos diferentes eidos, de aí os meus parabéns.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



