Lugo, 8 de novembro de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou, na súa xuntanza deste venres, a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para deportistas individuais da provincia durante a anualidade de 2013. Así o anunciou o portavoz nacionalista na institución e delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, quen asegurou que “a finalidade destas axudas é promocionar o deporte lucense sendo conscientes das dificultades dos e das deportistas de modalidades individuais da provincia, en especial durante as etapas de iniciación, para costear a súa formación e progreso”.
“Por estes motivos –continuou Outeiro- o total das axudas non variou con respecto ás convocatorias dos tres últimos anos, manténdose a dotación orzamentaria en 70.000 euros. Manter este investimento supón un esforzo importante para a Vicepresidencia, en concreto para a área de Deporte, pero permite cumprir cun dos obxectivos do Goberno como é a aposta polo deporte de base lucense. Gobernar supón establecer prioridades e garantir o benestar social e fomentar o deporte de base son dúas das prioridades ao redor das que xiran todas as medidas da Vicepresidencia”.
As axudas concedidas a arredor de 240 deportistas estrutúranse nas liñas de axuda segundo a idade dos e das aspirantes; (A) até os 16 anos, dotada con 25.000 euros; (B) entre os 17 e os 25 anos, dotada con 32.000 euros; (C) con máis de 25 anos, dotada con 9.000 euros; (D) deportistas lesionados que non puideran competir durante o ano 2012 ou parte del e deportistas con capacidades diferentes que participen nas distintas competicións sen límite de idade, dotada con 4.000 euros. A cantidade máxima que pode recibir cada deportista é de 2.000 euros e só poderá optar a unha única bolsa, con independencia do número de modalidades deportivas que practique.
Outeiro concluíu a súa intervención sobre este asunto recordando que cada ano estas subvencións axudan a unha media de 250 deportistas da provincia que doutra maneira non poderían acceder a axudas.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
