Lourenzá, 12 de decembro de 2013. Esta fin de semana, sábado e domingo, o recinto feiral de Lourenzá acollerá o primeiro Mercado de Nadal organizado polo Concello e pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL). Haberá 30 postos de empresarios locais, actividades paralelas e o sorteo de 500 euros en vales de compra.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, explicou que esta iniciativa “faise co obxecto de dinamizar o comercio e tamén todo o relacionado coa hostalería e outros sectores do noso concello. Non soamente vai haber 30 postos de téxtil, artesanía, viveiros, fabeiros, horta, automoción e electricidade colocados en casetas decoradas con adornos típicos do Nadal, senón que a maiores haberá unha ruta de tapas polos bares do concello. E faranse paralelamente distintas actividades como un obradoiro de xoguetes, xogos populares e a entrega de 500 euros en vales de compra (cinco vales de 100 euros) que se sortearán o sábado ás dez da noite. Animamos a todas as persoas que compran en Lourenzá, porque as papeletas danse aos que estes días están comprando no noso comercio, a que veñan a esta cita e desta maneira poderán ser obsequiados con algún dos cinco vales de 100 euros”.
A rexedora municipal engadiu que “é unha oportunidade de que xente de fóra veña ao concello non soamente atraídos polo Mercado de Nadal senón tamén para coñecer os distintos atractivos turísticos que ten o municipio, como poden ser a nosa igrexa, o museo de arte sacra ou a nosa fermosa natureza”.
O secretario da asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Lourenzá, Roberto Díaz Expósito, comentou que o Mercado do Nadal faise “para dinamizar o comercio de Lourenzá e participarán socios de ACIAL e outros comerciantes e autónomos do concello de Lourenzá que non están na asociación. Temos téxtil, electricidade, artesanía, fabeiros, viveiros, … Está representado todo o comercio do noso concello e haberá importantes gangas para que a xente se anime a vir. E aproveitando o mercado o sábado ás 10 da noite vamos facer un sorteo de 500 euros en vales de compra para gastar no comercio de Lourenzá. Os nosos asociados xa están repartindo papeletas para participar nese sorteo entre os clientes que compran nos seus establecementos. No mercado tamén teremos pulpería, xogos populares, obradoiros de xogos, bailes rexionais e nos bares da vila vai haber unha ruta de tapas o sábado de 12 do mediodía a tres da tarde e de 19 a 22 horas e o domingo de doce a tres da tarde”.
Roberto Díaz rematou animando “a toda a xente a que veña a participar no Mercado de Nadal o 14 e 15 de decembro”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



