A Asociación de Emigrantes Retornados da Mariña celebra o Xoves 12 ás 12:00 h diante do Concello de Foz unha concentración de apoio á nosa conveciña e socia do colectivo Elena Vázquez, sancionada pola Axencia Tributaria en virtude da persecución da que está a ser vítima o colectivo de emigrantes polo Goberno do estado, e que ese mesmo día vai proceder a pagar o remate da cantidade da multa que lle impuxo a Facenda Pública. “Non imos deixar soa a nosa compañeira nesta data, é máis queremos expresarlle con máis firmeza o noso apoio, posto que o caso de Elena non é máis que o primeiro que se fai público, xa foron moitos os que foron sancionados e pagaron, e desde o noso colectivo consideramos que vai ser a mobilización e a loita a que obrigue ao Concello a mudar a súa posición”, afirmou Lio Rexes, un dos portavoces da Asociación na Mariña, quen fixo un chamado “a solidariedade de toda a poboación da Mariña con esta veciña castigada dobremente, primeiro como emigrante expulsada do seu país e hoxe por aplicarlle unha norma inxusta que so ten unha vontade recadatoria precisamente cos máis débiles”.
A Asociación que agrupa aos emigrantes retornados mariñaos demandou “a anulación de todos os expedientes sancionadores instruídos pola Axencia Estatal Tributaria e que se lles notificaron nos últimos meses a persoas beneficiarias galegas de pensións no estranxeiro por non tributaren por estas cantidades nos exercicios a partir do ano 2008, tendo en conta o absoluto descoñecemento que tiñan desta obriga tributaria. Asemade solicitase facilitar a regularización da situación do período 2008/2012 sen fixar para as persoas que se atopen nesta situación nin recargos, nen intereses de demora. Na mesma liña esíxese o inicio dunha campaña de información a todas as persoas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, anulando os requirimentos relativos aos exercicios comprendidos entre os anos 2008 e 2012. Xa por último reclaman revisión dos convenios marco con outros países para evitar que situacións deste tipo poidan volver a producirse no futuro e unha modificación lexislativa que fixe un mesmo réxime do IRPF con independencia de se estas proceden dun Estado ou de varios Estados”.
Os representantes do colectivo destacaron que que estas persoas nunca recibiron ningún tipo de información en relación coa súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro. Existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF, o que confirma a falta de intencionalidade ou de defraudar por parte destas, e que se apoia co feito de os estados pagadores nunca lles expediren ningunha certificación en relación coas cantidades percibidas.Con estes antecedentes resulta sorprendente que, cinco anos máis tarde, reciban este tipo de requirimentos por parte da Axencia Tributaria, coa advertencia dunha posíbel sanción por non teren cumprido con obrigas tributarias que descoñecían. E cando os evasores fiscais se benefician de amnistías, constitúe unha auténtica inmoralidade a simple ameaza dunha sanción a estas persoas, traballadores e traballadoras emigrantes retornadas. “Non hai máis a saída a esta situación que o Goberno do Estado anule todos os expedientes sancionadores e que se inicie unha campaña para informar adecuadamente as persoas pensionistas afectadas das súas obrigas tributarias futuras, obviando os exercicios do período 2008-2012”, reclamou Rexes.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



