A CIG-Saúde considera inadmisíbel que a conselleira de Sanidade, membro do goberno galego, ouse afirmar -nunha entrevista publicada hoxe na prensa- que para que non haxa máis copagos temos que cruzar os dedos. A secretaria nacional de CIG-Saúde afirma que, deste xeito, a conselleira demostra a súa “incapacidade para gobernar, a súa submisión ás decisións que se tomen en Madrid ou ás que lle impón o propio Feijóo -o que denota o seu escaso peso político-, a súa falta de respecto á intelixencia do pobo galego e o seu desinterese pola propia sanidade pública e polos principios polos que esta debe rexerse: gratuíta, universal e de calidade”.
“Dá medo pensar que a titular da consellaría, como única medida para evitar que a sanidade pública perda o seu carácter de universal e gratuíta, nos pida que crucemos os dedos”, afirma María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, que teme que a seguinte acción política de Sanidade sexa “levar velas ao apóstolo ou encomendarse á virxe de Fátima”.
Abuín considera que con este tipo de afirmacións Rocío Mosquera asume un papel de “absoluta submisión, como xa viña facendo, ás decisións que se adopten noutras instancias, xa sexa o goberno central ou ao PP”, eludindo a responsabilidade que como conselleira ten de gobernar Galiza, deseñando e aplicando políticas en función dos intereses e necesidades das galegas e galegos e non do seu partido.
A CIG-Saúde entende que a conselleira tamén constata unha “incompetencia” e “falta de peso político” que debería levala a recoñecer a súa “incapacidade” para dirixir a consellaría e que “se de verdade é unha defensora da sanidade pública é incoherente que estea nun goberno que aposta polo seu desmantelamento”.
Abuín lembra que Mosquera foi sempre a primeira en defender as decisións ditadas polo goberno central, situando a Galiza na avanzadilla das políticas de recortes, privatizacións e copagos que gravan ás persoas máis enfermas e con menos recursos económicos.
Fronte a isto, a secretaria nacional de CIG-Saúde reclama unha reforma fiscal profunda para que paguen máis quen máis teñen e a persecución da fraude e a evasión fiscal, entre outras medidas para incrementar os ingresos e garantir a supervivencia da sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade, no canto de deseñar un modelo de xestión dirixido a vendela por parcelas aos seus amigos empresarios para que fagan negocio coa saúde de todas e todos nós. “A sanidade pública é patrimonio das galegas e galegos, non a leira do PP e se de alguén depende que non haxa máis copagos é da súa propia vontade política”, conclúe María Xosé Abuín.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



