A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este martes unha nova programación de actividades infantís para a época de Nadal organizadas no Centrad. Este ano serán 6 obradoiros que se desenvolverán en dúas quendas e que porán a disposición das familias un total de 90 prazas gratuítas para nenos de 5 a 15 anos. Nacidos no 2011, estes obradoiros celébranse nas épocas de lecer escolar ó longo do ano, de xeito que os rapaces poidan empregar as súas vacacións con actividades de ocio diferente e cuns horarios que facilitan que nais e pais poidan conciliar familia e traballo.
Polín destacou que “estes obradoiros xa están marcados no calendario das familias lucenses, colleitanto éxito dende os seus comezos. De feito, hai moitos pais e nais que xa levan tempo preguntando cando se van celebrar os obradoiros ou cales son as actividades deste ano. Son cursos moi agardados porque constitúen unha axuda adicional moi valorada para que os nenos empregan o seu tempo libre coñecendo outros rapaces da súa idade e aprendendo acerca da riqueza artesanal da provincia, que é parte da súa propia historia”
Obradoiros artesanais para 90 nenos
Nesta ocasión, os cursos están centrados en torno a cinco temáticas diferentes: “Caixa de música-zanfona”; “Fai o teu material de escritorio”; “Vou tapizar un puf de madeira”; “Fai o teu cabazo de vimbio” e “Traballando a madeira”. Os cursos celebraranse en dúas quendas: a primeira delas os días 23, 26 e 27 de decembro, e a segunda o 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.
Para a planificación e programación de cada un destes obradoiros tivéronse en conta as idades e capacidades dos nenos participantes, se ben terase en conta o caso dos rapaces con necesidades educativas especiais, para os que haberá flexibilidade en canto a idades de admisión e horarios, atendendo a cada caso en particular, para que todos poidan aproveitar ó máximo estes obradoiros.
O obradoiro “Caixa de música-zanfona”, que se celebrará na primeira quenda, está pensado para nenos de 5 a 8 anos. Nel aprenderán a familiarizarse cos materiais e ferramentas empregados na construcón de instrumentos, así como descubrir como diversos factores inflúen na emisión do sonido. Para elo, empregarán materiais como madeira ou pintura para decorar. Tamén para este tramo de idade, pero neste caso na segunda quenda o curso programado é “Fai o teu cabazo de vimbio”, grazas ó cal os nenos participantes poderán desenvolver a súa creatividade e mellorar as súas habilidades manuais fabricando unha peza de cestería con materiais como roten, madeira e pinturas para decorar.
O obradoiro dirixido a nenos de 9 a 11 anos na primeira quenda será “Fai o teu material de escritorio”, no que os participantes aprenderán a traballar co papel e desenvolver a súa creatividade creando obxectos de utilidade, ademais de fomentar a lectura e fomentar os hábitos de consumo responsable a través da reciclaxe. Xa na segunda, o curso programado é “Vou tapizar un puf de madeira”, no que fabricarán este obxecto ó tempo que aprender a reciclar e desenvolver as súas destrezas manuais.
Os nenos de máis idade poderán participar nos cursos “”Vou tapizar un puf de madeira” e “Traballando a madeira”, segundo tomen parte na primeira ou segunda quenda, respectivamente. No primeiro caso os contidos serán os mesmos que para os nenos de 9 a 11 anos e no segundo aprenderán sobre o oficio da madeira, dando forma a diferentes figuras empregando as ferramentas e técnicas tradicionais.
Trátase, pois, dunha oferta de 90 prazas totalmente gratuítas, 15 por cada un dos seis cursos, e das que un 15% están reservadas para nenos con necesidades especiais. O horario será o mesmo para todos os cursos, de 9:00 a 14:00 horas, cun descanso de 11:00 a 11:30 horas, durante o que poderán repoñer forzas co almorzo que traian da casa os que así o desexen.
Información e inscricións
As familias que desexen anotar ós seus fillos nos Obradoiros Artesanais deberán presentar, no Rexistro Xeral da Entidade, o formulario de inscrición debidamente cumprimentado entre os días 4 e 13 de decembro, ambos inclusive. As inscricións realizaranse seguindo a rigorosa orde de solicitude, malia que terán preferencia aqueles nenos cuxos pais estean a traballar os días de duración dos obradoiros, o que deberán acreditar mediante xustificante ou certificado. Máis información na web www.deputacionlugo.org ou no teléfono 982 210 066.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



