A Mariña, 7 de decembro de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública fai un chamamento á participación na mobilizacións prevista para o martes 10 en Burela na Defensa da Sanidade Pública. Aínda non sendo convocante da protesta, a da Mariña, así como todas as plataformas comarcais que loitamos por unha sanidade pública universal e gratuíta integradas na Plataforma Galega SOS Sanidade Pública apoiamos a convocatoria das centrais sindicais do sector sanitario, tanto na convocatoria da folga xeral dos días 9 e 10 como nas mobilizacións previstas. Concordan coas entidades convocantes en que estamos nun momento no que o goberno galego, tamén o estatal, están superando liñas vermellas nunha estratexia premeditada de degradar a sanidade pública para beneficiar a sanidade privada.
A Plataforma volveu denunciar a derivación de persoas da Mariña a hospitais privados de Lugo para a realización de probas diagnósticas que deberían facerse na sanidade pública. Destacan que o trato recibido nestes hospitais – concretamente o POLUSA de Lugo – deixa moito que desexar xa que ademais de ter que desprazarse coas súas familias cos trastornos que isto supón, as citas derivadas do SERGAS son as últimas en ser atendidas tendo que agardar longas esperas.
En concreto citan a realización dun electromiograma co doente desprazado coa súa familia ten que agardar tres horas no propio hospital mentres se atende a persoas de clínicas privadas, despois de ter solicitada a consulta no SERGAS dende finais de maio.
A Plataforma argumenta que este é un exemplo mais da xestión sanitaria do Partido Popular, mais enfocada en beneficiar a sanidade privada que en manter uns servizos público de calidade, “non é de estrañar tendo en conta o orixe da Conselleira de Sanidade e o lugar a onde vai volver cando deixe na ruína o sistema sanitario público galego”.
A Xunta de Galiza está desmantelando e privatizando os servizos sanitarios públicos, repartindo as parcelas máis atractivas económicamente entre grupos empresariais afíns, aseguradoras, multinacionais, fondos de investimento, bancos e construtoras.
Esta política está poñendo barreiras ao acceso da poboación aos servizos asistenciais obrigando a pagar os medicamentos a pensionistas, a doentes tratad@s nos hospitais por enfermidades graves como o cancro, o mesmo que as próteses, ambulancias ou alimentos especiais. Agora ten previsto que os/as enfermos/as paguen unha parte da asistencia que reciban e que actualmente é gratuita no momento do uso.
Coa nova lei de garantías sanitarias ponse limite ao tempo de agarda, que si se supera da dereito a ir a un centro privado (pagado con diñeiro público). A Xunta sabe que os tempos fixados son imposibles de levar á práctica tralos recortes de persoal e da actividade dos centros públicos. Como consecuencia os centros privados recibiran centos de pacientes a pagar con diñeiro público. Ademais a Lei beneficiará aos enfermos máis ricos que podan pagar as intervencións e esperar a que o sistema lles devolva o gasto adiantado.
A PLATAFORMA APOIA A FOLGA DO PERSOAL SANITARIO DO 9 E 10 DE DECEMBRO E PARTICIPARÁ NA MOBILIZACIÓN PREVISTA O DÍA 10 EN BURELA.
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, sumarase á mobilización convocada por sindicatos sanitarios o próximo 10 de decembro en Burela e apoia a folga convocada polos sindicatos do sector para os próximos 9 e 10 de decembro.
A Plataforma fai súas as reivindicacións dos sindicatos sanitarios contra as políticas de desmantelamento e privatización da sanidade pública, e ante a gravidade da situación fai un chamamento á poboación en xeral a que participe nas mobilizacións para exixir que o sistema público, que se paga a través dos impostos de todas as mariñás e mariñaos, non se converta nun negocio para a privada, manifestación que sairá do Hospital da Costa ás 20:30 do día 10.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



