Ribadeo, 13 de decembro 2013.- A Pontenova e Santirso serán o primeiros dous concellos de Galicia e Asturias que participarán nun proxecto artístico que levará ás nenas e nenos a imaxinar qué ocorrería se volvese a funcionar o antigo tren mineiro Vilaoudriz-Ribadeo.
O proxecto “Contos de píacar@s imaxinando o tren” consiste na creación dun libro xigante que irá seguindo o percorrido do vello ferrocarril. Os pícaros imaxinarán as diferentes partes da historia e contarana dende a súa ata a seguinte estación. Deste xeito, os nenos de Santirso de Abres deben retomar a historia onde a acabaron os da Pontenova e así ata chegar a Ribadeo, onde se elaborará “o desenlace da historia”.
O obradoiros contemplan clases de arte, maquetación artesanal dun libro, escritura creativa, debuxo de paisaxe, toma de fotografías, gravación dun vídeo, excursións, performaneces, charlas e ata sesións interxeneracionais de Arteterapia. Como resultado de todas estas actividades, farase posíbel unha exposición de libros-escultura, bocetos, notas e fotografías. Asimesmo, o proxecto contempla a publicación dun libro final patrocinado pola Deputación de Lugo.
San Tirso de Abres valora a interterritorialidade do proxecto
En San Tirso de Abres os talleres comezan o 21 de decembro. A alcaldesa, Mª Goretti Quintana Rey valora moi positivamente este proxecto xa que “posibilita que los vecinos de San Tirso de Abres hagan memoria histórica del ferrocarril Villaodrid Ribadeo en una actividad de carácter intergeneracional. Son los `abuelos`´ los que ayudan a los `pícaros´ a imaginar el tren que sirvió para unir a los habitantes de la Cuenca del Eo. Sin duda desarrollamos una actividad que nos dejará un recuerdo inolvidable en nuestra vida y en nuestra trayectoria creativa sirviendo de vínculo de unión interterritorial”.
Na Pontenova, poden apuntarse ao obradoiro de Nadal nenas e nenos de entre 6 e 14 anos. O horario é de 10 a 14 h, “o cal tamén é un apoio á conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións”, sinala o alcalde Darío Campos. “O tren –engade– ten un significado moi especial na nosa zona e, aínda que se teñen feito algunhas publicacións e recentemente se fixo un documental, é a primeira vez que se integra aos máis pequenos nun proxecto cultural deste tipo”, sinala Darío Campos, alcalde de A Pontenova.
O obradoiro estará impartido pola barreirense Lucía Vila, licenciada en Belas Artes e Historia do Arte; e a pontenovesa Celtia Traviesas, xornalista e responsable de proxectos culturais na cooperativa de ensino MAUmarela. “Este é un proxecto integral de educación, cultura e patrimonio”, sinala Celtia Traviesas. “A nosa vontade é xuntar aos pícaros dos concellos polos que pasaba o tren e facerlle existir de novo en palabras e debuxos xurdidos dunha memoria conxunta, de soños e de imaxinación”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



