Castropol (Asturias), 11 de decembro de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e a conselleira de Agrogandería e Recursos Autóctonos do Principado de Asturias, María Jesús Álvarez González, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a xestión común e coordinada de 160.000 hectáreas que constitúen a Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras de Burón, das que dúas terceiras partes, algo máis de 108.000 ha atópanse incluídas dentro do territorio galego.
Establécese así o marco xeral de colaboración mediante unha estrutura de xestión e coordinación da Reserva da Biosfera (RB) que, tras definir o campo de acción común, garanta unha única xestión do territorio e evite xestións paralelas e independentes. Cada comunidade será responsable da execución e financiación das accións que teñan lugar no seu territorio e comprométense a designar ao persoal necesario para o deseño e dirección das accións da RB que se desenvolven na súa parte do territorio.
Grazas a esta colaboración, as partes establecen o regulamento de funcionamento e composición dos órganos de xestión, onde os concellos integrantes da reserva poderán asumir a execución dentro do seu ámbito territorial daquelas actuacións do plan de acción, para as que obteñan financiación.
A continuación, constituirase a Comisión de Coordinación Institucional e realizaranse os nomeamentos dos técnicos que integrarán a Comisión Xerente. Os responsables técnicos da xestión da reserva xa desempeñan as súas funcións coordinadamente dende a declaración da reserva pola UNESCO en 2007, sendo o modelo de xestión proposto e o plan que se presentan resultado deste traballo.
Compre sinalar que tamén se está a redactar un Plan de Acción no que se recollerán as experiencias e actuacións iniciadas no ámbito da Reserva da Biosfera, considerando tanto os seus logros, como as dificultades xurdidas durante a súa aplicación. A partir destas estratexias, proponse a definición dun modelo de desenvolvemento que harmonice os diversos sectores de actividades socioeconómicas coa evolución das poboacións locais e a conservación do medio ambiente.
Para lograr o éxito da aplicación deste Plan será imprescindible a implicación da poboación local como protagonista das diferentes iniciativas, e deberá integrarse con outras políticas de protección da natureza, de usos do solo e doutros recursos.
É necesario que en cada Reserva de Biosfera se conte cun órgano de xestión formalmente constituído, con mecanismos de participación efectiva e que exista unha autoridade recoñecida. Estes requisitos son preceptivos no contexto español de acordo á Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, coa constitución dos órganos e aprobación do plan daríalles cumprimento.
Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
A Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón ocupa unha superficie de 160.000 hectáreas, das que 571 corresponden a augas mariñas, próximas á costa de ambas comunidades, achegadas ao estuario do río Eo. A Reserva alberga máis de 158.400 ha. Terrestres, repartidas entre 14 municipios: Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz e en Asturias: Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos. O reparto superficial non é equilibrado, xa que máis de 108.000 ha atópanse no territorio galego, mentres que 51.000 ha son de solo asturiano.
ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS
Humedais de Importancia Internacional
Humedal Ramsar – Ría del Eo (Asturias-Galicia) 1.338,00 ha
Rede Natura 2000
ZEPA – Penarronda-Barayo (Asturias) 13,40 ha
ZEPA – Ría del Eo (Asturias) 1.901 ha
ZEPA – Ribadeo (Galicia) 614 ha
LIC – Penarronda-Barayo (Asturias) 22,21 ha
LIC – As Catedrais (Galicia) 246,15 ha
LIC – Ría del Eo (Asturias) 1.543,67 ha
LIC – Río Eo (Asturias) 75,98 ha
LIC – Río Eo (Galicia) 1.002,99 ha
LIC – Cuenca del Agüeira (Asturias) 76,59 ha
LIC – A Marronda (Galicia) 1.239,01 ha
LIC – Carballido (Galicia) 4.827,78 ha
LIC – Negueira (Galicia) 4.558,05 ha
Redes Autonómicas de Espazos Naturais
Monumento Natural de la Playa Penarronda (Asturias) 13,40 ha
Reserva Natural Parcial de la Ría del Eo (Asturias)* 1.901ha
Monumento Natural de As Catedrais (Galicia) 28,94 ha
Humedal Protegido de la Ría de Ribadeo (Galicia) 563,44 ha
ZEPVN As Catedrais (Galicia) 246,15 ha
ZEPVN Río Eo (Galicia) 1.002,99 ha
ZEPVN A Marronda (Galicia) 1.239,01 ha
ZEPVN Carballido (Galicia) 4.827,78 ha
ZEPVN Negueira (Galicia) 4.558,05 ha
Superficie protexida e figuras de protección no ámbito da Reserva da Biosfera.
(*) Pendente de aprobación
A área incluída dentro da Reserva vertébrase a través da conca fluvial do Eo, abarcando dende o seu nacemento en Fonteo, ata a súa desembocadura no Mar Cantábrico. Xunto a este área inclúense territorios que posúen unha gran uniformidade en relación aos compoñentes da biodiversidade e cos compoñentes de carácter cultural e patrimonial da conca do río Eo. Non obstante, dentro do territorio incluído na Reserva pódense recoñecer catro grandes unidades paisaxísticas, integrables dentro das sectorizacións propostas para o noroeste Ibérico: Litoral Cantábrico Occidental; coces fluviais; estuario e desembocadura do Eo; e serras e montañas.
A división da Reserva diferenza 3 zonas: o núcleo que supón case un 10% do total da Reserva, e comprende aqueles enclaves que albergan os ecosistemas naturais menos alterados e os espazos de maior valor ecolóxico, sendo esta parte do territorio a que cumpre co primeiro dos tres obxectivos establecidos para a figura de Reserva de Biosfera. Por tanto, dentro das zonas núcleo incluíronse os espazos naturais protexidos, estendéndose a aquelas cabeceras de LIC fluviais que conservan extensas masas de bosques antigos e brezais, moi representativos da paisaxe natural de influencia oceánica. Así mesmo, toda a superficie mariña e fluvio-mariña da Reserva queda incluída nesta zona.
O área tampón representa unha quinta parte e é contigua á zona núcleo rodeándoa na maior parte da súa extensión, asimilando impactos derivados das zonas con maior actividade económica, contribuíndo á protección das zonas valiosas. A composición da zona tampón susténtase nos enclaves de maior interese para a conservación das zonas núcleo á que rodea. Dado o interese da rede hídrica, nesta zona inclúense os principais cursos fluviais e aquelas masas forestais naturais e arbustivas de rexeneración ligadas ao ámbito fluvial.
O espazo restante ocupa algo máis do 70% da Reserva e inclúe a superficie ocupada polos asentamentos humanos, as infraestruturas de maior entidade, e, de forma xeral, as superficies antropizadas e transformadas por actividades humanas; tamén a rede de estradas e a súa zona de dominio defínese como de transición. Este área é a que maior capacidade ten para absorber os impactos derivados da actividade económica e onde residen a maior parte das actividades produtivas desenvoltas no ámbito da Reserva, razón pola que é necesario fortalecela, de forma que a súa cobertura se estenda a áreas amplas, para favorecer a xestión dos ecosistemas e aproveitar a Reserva para estudar e practicar métodos de desenvolvemento sostible a escala rexional.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



