Burela, 3 de decembro de 2013. Academia A Mariña organiza un curso de nivel básico de español que se engloba dentro dunha acción formativa en idiomas para a mellora da empregabilidade entre os mozos desempregados. É unha medida propia de Academia A Mariña dentro da Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven. O curso será totalmente gratuíto.
Baixo o lema, Mejorando tu empleabilidad…, Academia A Mariña programa un curso de español, cunha duración de 90 horas presenciais. Segundo explica o director do centro, Ramón Hermida, “el objetivo del curso y dado el gran números de trabajadores que han venido a nuestra costa a trabajar, es hacer un aprendizaje en el que se insista, sobre todo, en la comprensión lectora para entender textos y saber recoger el mensaje, al mismo tiempo que se mejora la ortografía y el vocabulario con el fin de que los alumnos puedan seguir unas enseñanzas posteriores de formación profesional que los acerquen más al mundo empresarial”.
Hermida indica que “empezaremos por un curso de nivel básico, dirigido a todas las personas mayores que sientan necesidad de emprender nuevas búsquedas de trabajo y de emprendimiento”. Dito curso impartirase do 16 de decembro ao 31 de xaneiro en horario de mañá e tarde. “Al finalizar éste, programaremos ya el nivel 2”, engade o director de Academia A Mariña, que subliña que “como estas actividades están incluidas en las medidas de mejora del empleo joven, tanto para menores de 30 años como mayores, serán totalmente gratuitas. Con estas iniciativas se pretende, en un período de 3 años, mejorar el grado de empleabilidad de los jóvenes que les permita recuperar los estudios y la formación que hace tiempo dejaron, atraídos por un empleo fácil y poco sólido”.
As persoas interesadas en asistir a este curso de español (nivel básico) poden obter máis información e inscribirse no seguinte número de teléfono: 982 58 50 98.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



