Ribadeo, 26 de decembro de 2013. ACISA organiza un taller infantil de manualidades que terá lugar este venres, a partir das catro e media da tarde no restaurante Sapore de Ribadeo, situado no nº 6 da rúa Villalba.
Segundo explican dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos “los niños y niñas que acudan diseñarán y prepararán, entre otras cosas, la carta que le quieren hacer llegar a los Reyes Magos”. O taller concluirá cara ás seis da tarde. A entrada a esta actividade é gratuíta. A partir desa hora haberá un pasarrúas polas rúas comerciais de Ribadeo a cargo do grupo Kalandraka.
ACISA está ultimando tamén a visita que fará nos primeiros días do vindeiro ano o carteiro dos Magos de Oriente.