CARTA ABERTA Á ALCALDESA DE VIVEIRO. Viveiro elixeo alcaldesa por medio dos seus representantes electos. Non teño memoria dun momento histórico no que Viveiro enfrontásese a unha situación tan crítica como a actual, na que nin sequera o alcalde elixido para o período actual estaba alí para entregar o seu cargo.
O máis triste é que a situación actual do concello e coma se un vise que o barco afúnde e non hai quen o poida sacar á flote. E a pesares de que o meu candidato non quixo tamen creo que a elección de Maria Loureiro ten aspectos positivos xa que era hora de que Viveiro deralle a oportunidade a unha muller para gobernalo.
De todos os xeitos, sexa quen sexa o elixido, ten o reto único de salvar esta cidade do caos economico e de xestion no que se atopa. é evidente o deterioro podese ver no fisico con eses galpons a medio tirar a entrada de unha pequena cidade que quer ser “referente turistico”, asi como os cheirumes de un saneamento que funciona mal, as politicas de fomento da cultura, turismo, terceira idade……do que deixamos. O primeiro acto de responsabilidade da nova alcaldesa, e que poderá mostrarnos que tanto lle importa a súa cidade, e apartarse de “bufons conselleiros” que xa demostraron en outras epocas o inútiles e nefastos que eran na sua xestion. E deixar o pasado, pois sexa bó ou malo xa ten autor, e tense que poñer a marcar a sua impronta de eficaz de cara o presente e futuro, e non esquenza que nadie sabe de todo, e que cando un non sabe e bó preguntar, sin ningun complexo de inferioridade, con decisión e ata con elevosia. Non se limite alcaldesa a xestional o presente pense en proxectos que sexan solución e fagan medrar á Viveiro,así non sexa vostede quen os inagure.
Obviamente, os problemas son moitos máis e máis profundos. Pero faga algo, por favor. O que sexa. A vantaxe que ten é que cando non se fixo nada, como nesta cidade, calquera cousa vese.
Hai moitos cidadáns que teñen a tendencia de comparar e ás veces confundir o labor dun alcalde, ou dunha alcaldesa, coa responsabilidade dun director de empresa. Gestionar un concello é unha posición que difiere moi sensiblemente de xestionar unha empresa. O obxectivo empresarial de “sempre máis” ten que ser reconvertido no obxectivo municipal de “sempre mellor”.
A época do estropicio, da carreira do beneficio nunha sociedade de pensamento único e de enerxía inagotable “Ficou”. Estamos en éraa do “bio”, do “reciclaxe”, do “bio” e do CO2. Asi que vamos a aforrar enerxia xa, non e necsario gastar luces ne noite elimine esa gigantesca factura mensual de luz, pendente de pagar e que ameaza con que nos cortes a luz un dia de estos.
É certo que a afiliación política dun alcalde do mesmo signo que os gobernantes nacionais e autonómicos inflúe na rapidez das solucións administrativas e económicas: pero que á súa vez non teñen que influír na política do concello; é dicir, que o que verdaderamente conta para ser un bo alcalde son as súas calidades humanas e non a súa “etiqueta”, saber escoitar e o contacto cos veciños; facer unha boa xestión de alcalde é poder esquecer os seus principios e ideais políticos á hora de gestionar a súa cidade. Viaxe a Santiago, pida, reclame, outros alcaldes de a Bisbarra que tampouco son do PP consiguen cousas.
A etiqueta política ten que pasar a un segundo lugar e antepoñer a calidade de vida o benestar dos cidadáns. Ten que saber traballar e colaborar coa oposición tratando de chegar a un consenso amplo en todos os proxectos.
Unha boa alcaldesa ten que ser como un bo médico de familia, que teña tempo de auscultar o seu enfermo a súa cidade antes de elaborar un diagnóstico, para non curar superficialmente pero si, en profundidade, as orixes da enfermidade.
UnhA boA alcaldeSA ten que saber Xestionar, ser un bo árbitro, xa que terá que tomar decisións sobre “prioridades” en detrimento de opinións adversas de conciudadanos. Ser fiel coas metas ou proxectos pero realista respecto de as formas de logralo, e que os investimentos non sexan superfluos senón investimentos prácticos.
Unha boa alcaldesa ten que saber rodearse, delegar, confiar no seu equipo e funcionarios, co fin de asegurarse o maior tempo posible para desenvolver os labores anteriormente citadas, sen esquecer de reflexionar sobre as opcións posibles e meditar sobre o sentido da súa misión.
Enhoraboa por o seu nomeamento e a traballar.
Otero Regal