A Delegación Municipal de Cultura de Burela, dentro do ciclo de teatro no Outono, presenta, ao Grupo de Teatro ARDORA de San Cibrao, coa obra “Xustiza de Lei”, de Francisco Piñeiro e baixo a dirección de María Paz Rodríguez.
A representación terá lugar na Casa da Cultura de Burela, o vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 21:00 horas. A entrada será libre.
Os experimentados mariñeiros de San Cibrao aproveitaban a fosforescencia natural que na noite despende un grupo de peixes para poder pescalos. A este brillo chámano “ardora”. É un brillo colectivo onde todos os peixes contan pero ningún é imprescindible.
Ardora teatro nace póla ilusión dun conxunto de mulleres que, co seu esforzo e capacidade, querían formar un grupo de teatro que non sexa flor dun día , senón que prenda como unha alternativa de expresión cultural máis dun pobo con profunda tradición creativa.
O día 6 de maio de 2007, facía a súa presentación , ante o público de San Cibrao, coa peza “A criada xorda”. Acadou éxitos notables en varias localidades do concello e fora del.
No ano 2008, despois de varios meses de ensaios, estrea o 14 de xuño a súa segunda peza titulada “Desde O Porto a San Cibrao” , foi representada no concellos de Foz, Viveiro, Xove e nas Veladas de teatro de Cervo.
No ano 2009, preparou “Estigmas” para ser estreada en xullo, con motivo da celebración das Festas Patronais de San Cibrao. No ano 2010, polas mesmas datas e co mesmo motivo, representan a obra “Residencial Paradiso”. No ano 2011, estreou “Nécoras verdes” e no 2012 “Acernos” .Na actualidade ten en escena a obra “Xustiza de Lei ”, obra que representará en Burela.
Todas as obras son orixinais de Francisco Piñeiro e dirixidas por María Paz Rodríguez Silva.
“Xustiza de Lei”, comedia realista que esboza unha radiografía en clave de humor da situación de desamparo na que ás veces se ve envolto o cidadán cando espera unha aplicación das leis con sentido común.
A historia amosa realidades inverosímiles que nos permiten a hipótese dunha suposta xustiza interesada. Cando a xustiza morre, en que pode confiar o pobre?






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



